Lev Landau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Lev Davidovich Landau''' (en [[Lingua rusa|ruso]] '''Лев Давидович Ландау'''), nado en [[Bakú]] o [[22 de xaneiro]] de [[1908]] e finado en [[Moscova]] o [[1 de abril]] de [[1968]], foi un [[Física|físico]] e [[Matemáticas|matemático]] soviético galardoado co [[Premio Nobel de Física]] no ano [[1962]].
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Bakú]], hoxe en día capital de [[Acerbaixán]] e entón parte do [[Imperio Ruso]], nunha familia de ascendencia [[xudeu|xudía]]. Cando era novo tivo interese nas matemáticas, ingresando en [[1922]] na Universidade de Bakú estudando á vez [[física]], [[matemáticas]] e [[química]]. En [[1924]] trasladouse á Universidade de [[Leningrado]] e en [[1927]] licenciouse en física.
 
== A escola Landau ==
En [[1929]] realizou unha viaxe a [[Copenhaguen]] para coñecer a [[Niels Bohr]] co cal discutiu longamente sobre [[física teórica]], introducindo a gran tradición na física teórica na [[Unión Soviética]]. Tivo un amplo campo de traballo, que inclúe a teoría da [[superconductividade]] e a [[superfluidez]], a [[electrodinámica cuántica]], a [[física nuclear]] e a [[física de partículas]]. Foi a cabeza da división teórica do Instituto para os Problemas Físicos a partir de [[1937]], cargo que ocupou ata o ano [[1962]] que, como resultado dun accidente de coche no cal sufriu lesións das cales nunca se recuperou, renunciou ao seu cargo. Baixo as súas ordes tivo un bo grupo de investigadores como [[Lev Pitaevskii]], [[Alexei Alexeevich Abrikosov]], [[Evgeny Lifshitz]], [[Lev Gorkov]], [[Isaak Khalatnikov]] ou [[Boris Ioffe]].
 
Liña 13:
Obtivo o [[Premio Nobel de Física]] no ano [[1962]] pola súa teoría da [[materia condensada]], en particular do [[helio]] líquido. En compañía de [[Evgeny Lifshitz]] realizou unha gran tarefa de difusión científica a través de series de libros de texto.
 
== Recoñecementos ==
Na súa honra denominouse o [[Cráter de impacto|cráter]] [[cráter Landau|Landau]] da [[Lúa]] así como o [[asteroide]] [[(2142) Landau]] descuberto o [[3 de abril]] de [[1972]] por [[Lyudmila Ivanovna Chernykh|Lyudmila Chernykh]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1962/index.html Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1962] {{en}}.
 
{{Premios Nobel de Física}}
 
{{ORDENAR:Landau, Lev}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Físicos de Acerbaixán]]