Pardo de Cela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 35:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:CasteloCastrodouro.JPG|miniatura|250px|Torre do [[castelo de Castrodouro]], e ruínas das murallas ao fondo.]]
Segundo fillo de [[Xoán Nunes Pardo de Cela]], ''o Vello'', comendeiro do bispado de Mondoñedo, e de Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar, ao falecer o seu irmán herdou as propiedades e privilexios da familia. A súa posición mellora ao casar coa filla do Conde de Lemos, [[Isabel de Castro]], que viñera co seu tío, [[Pedro Enrique de Castro]], bispo de Mondoñedo (1426-1445) á cidade episcopal, onde Pardo de Cela era [[meiriño]], en representación da [[Condado de Lemos|Casa de Lemos]]. O bispo deulle en dote de voda todas as rendas do bispado, agás as que necesitaba para o seu sustento. Falecido o bispo en [[1445]], Pedro Pardo trasládase a [[Viveiro]], onde chega a ser [[alcalde]] (a mención máis antiga que se ten del é unha sentenza de 1464 en que se titula alcalde de Viveiro e comendeiro do bispado) e en [[1474]] xa ten o título de Mariscal. Merca a "[[casa do Carballo de Galdo]]", cabeza do seu [[morgado]]. Adquiriu moitos beneficios por herdanza, matrimonio e concesión real. ...
 
{{cita|Pedro Pardo Mariscal, cuya casa era de muy buenas cinquenta lanças, y que ajuntaba quatro o çinco mil peones.<ref>[[Vasco da Ponte]]. ''Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia''. Parágrafo 180.</ref>}}