Diferenzas entre revisións de «Asteroide»

m
 
== Satélites asteroidais ==
{{AP|Satélite asteroidal}}
Algúns asteroides teñen satélites ao seu redor, como o asteroide {{mpl|243 Ida|}} e o seu [[satélite asteroidal]] Dactyl. O [[10 de agosto]] de [[2005]] anunciouse o descubrimento dun asteroide, o {{mpl|87 Silvia|}}, que ten dous satélites xirando ao seu redor, Rómulo e Remo. Rómulo, a primeira lúa, descubriuse o [[18 de febreiro]] de [[2001]] co telescopio W. M. Keck II de 10 metros do observatorio de [[Mauna Kea]]; ten 18 km de diámetro e a súa órbita, a unha distancia de 1.370 km de Silvia, tarda en completarse 87,6 horas. Remo, a segunda lúa, ten 7 km de diámetro e xira a unha distancia de 710 km, tardando 33 horas en completar unha órbita ao redor de Silvia.
 
==Notas==
13.862

edicións