Asteroide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 53:
Os asteroides poden ser clasificados polo seu espectro óptico, que corresponde á composición da superficie dos mesmos, e tendo en conta tamén o seu [[albedo]], nos seguintes tipos:
 
* '''Tipo C''': o 75% dos asteroides coñecidos, con [[albedo]] menor que 0,04. Son extremadamente escuros, semellantes a [[meteorito]]s. Parecen conter unha elevada porcentaxe de [[carbono]].
* '''Tipo D''': este tipo de asteroides teñen un [[albedo]] moi baixo (0,02-0,05). Son moi vermellos, en lonxitudes de onda longas, debido quizais á presenza de materiais con gran cantidade de [[carbono]]. Son moi raros no cinto principal e son atopados con maior frecuencia en distancias superiores a 3,3 [[Unidade astronómica|unidades astronómicas]]UA do [[Sol]] e o seu período orbital é a metade do de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], é dicir, están en [[Resonancia orbital|resonancia]] 2:1.
* '''Tipo S''': este tipo representa ao redor do 17% dos asteroides coñecidos. Teñen un albedo de 0,14 como media e son de composición metálica, formados fundamentalmente por [[silicio]].
* '''Tipo M''': inclúe gran parte do resto de asteroides. Son asteroides brillantes (albedo 0,10-0,18), case exclusivamente formados por [[níquel]] e [[ferro]].
 
Hai outros grupos de asteriodes raros, o número de tipos continúa medrando e están sendo estudados os seguintes:
* '''Tipo T''': caracterízanse por un baixo [[albedo]] (0,04-0,11).
* '''Tipo E'''
* '''Tipo R'''