Diferenzas entre revisións de «Asteroide»

m
=== Asteroides troianos ===
{{Artigo Principal|Asteroide troiano}}
[[Ficheiro:InnerSolarSystem-en.png|250px|miniatura|Imaxe dos [[Asteroide troiano|asteroides troianos]] de [[Xúpiter]] (en cor verde). Os do ''campo grego'' por diante da órbita de Xúpiter e os ''do campo troiano'' tras da órbita de Xúpiter. A imaxe tamén mostra o [[cinto de asteroides]] entre as órbitas de [[Marte]] e Xúpiter (en cor brancobranca).]]
 
Os asteroides troianos son asteroides que comparten órbita cun [[planeta]]. Distribúense en dúas rexións alongadas e curvas arredor dos puntos estables de Lagrange {{mp|L|4}} e {{mp|L|5}}, situados 60° diante e detrás do planeta respectivamente. O nome ''troiano'' débese a que se estableceu a convención de bautizar aos asteroides que ocupaban ditos puntos da órbita de Xúpiter co nome dos personaxes da [[guerra de Troia]].
Tradicionalmente o termo referíase aos asteroides troianos de Xúpiter, que foron os primeiros en seren descubertos e son, con moito, os máis numerosos ata agora. Porén, co descubrimento de asteroides nos [[puntos de Lagrange]] doutros planetas do [[Sistema Solar]], o termo estendeuse para englobalos a todos. Só [[Saturno]] e os planetas interiores á Terra non teñen asteroides troianos confirmados. No caso dos troianos de Xúpiter, os que anteceden ao planeta pertencen ao grupo do campo grego e os que seguen ao planeta ao grupo do campo troiano.
 
Existen dúas teorías para explicar a orixe e ubicaciónlocalización dos asteroides. A primeira indica que se formaron durante a última etapa de acreción planetaria na mesma rexión na que se encontran. A segunda establece que, durante a migración planetaria, o primitivo cinto de Kuiper desestabilizouse, e millóns de obxectos foron expulsados ao interior do Sistema Solar onde se incorporaron aos puntos de Lagrange dos planetas gasosos.
 
{{mpl|(588) Aquiles|}}, no punto {{mp|L|4}} da órbita xupiteriana, foi o primeiro troiano en ser descuberto o 22 de febreiro de 1906. Tivo que transcorrer case un século para descubrir troianos doutros planetas. O 20 de xuño de 1990 encontrouse {{mpl|(5261) Eureka|}}, primeiro troiano de Marte no punto {{mp|L|5}} do sistema Sol-Marte; e o 21 de agosto de 2001 achouse {{mpl|2001 QR|322}}, o primeiro de [[Neptuno]]; en 2004 atopouse {{mpl|2004 UP10|}} que orbita diante de Neptuno no seu punto de Langrange {{mp|L|4}}, e en 2006 descubríronse tres novos asteroides troianos de Neptuno. Tamén apareceron cadanseu troiano nas órbitas da Terra e de [[Urano]].
13.611

edicións