Tabari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Мухаммад Джарири ат-Табари.JPG|200px|thumb]]
'''Abu Jafar Muhammad ibn Jarir at-Tabari''', (en [[lingua árabe|árabe]] الطبري, [[nado en 838]]-[[923]]) e finado en 920, foi [[historiador]] e [[teoloxía|teólogo]] [[suní]] [[Irán|iraniano]], naceu en [[Amol]], [[Tabaristán]] (ao sur do [[Mar Caspio]]) e estudou en [[Ray]], [[Bagdad]], [[Siria]] e [[Exipto]]. "Tabari" significa "de Tabaristán". Morreu en Bagdad.
== Traxectoria ==
Antes dos sete anos xa aprendera o [[Corán]] de memoria, e nos dous anos seguintes rematou os estudos das recollas clásicas dos [[hadith]]s. Deixou o seu domicilio familiar aos doce anos para ir estudar e antes dos dezasete chegou a Bagdad. Ali contaba con coñecer a [[Ahmedben Hanbal]], mais chegou pouco despois da morte deste. Após un ano en Bagdad, viaxou até o sur de [[Iraq]], estudando en [[Kufa]] e [[Basra]]. Retornou a Bagdad e permaneceu nela oito anos. Partiu de novo de viaxe á Siria, a Palestina e o exipto. Cara [[870]] volveu a Bagdad, onde decorreron os cincuenta e tres anos restantes da súa vida ensinando a tradición e a lei, ben que visitou o Tabaristán varias veces e peregrinou á [[Meca]]. A súa vida foi simple e digna e caracterizouse pola dilixencia extrema. Dise que rexeitaba os regalos de valor.