Al-Ghazali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mudo imaxe
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:AlgazelAl Ghazzali illustration.jpeggif|miniatura|Al-Ghazali.]]
 
'''Abu Hamid Muhammad ibn Muhammad al-Ghazali''', nado en [[Ghazaleh]], ([[Irán]],) en [[1058]] e finado en [[Tus]], Irán, en [[1111]], foi un teólogo islámico e filósofo [[Persia|persa]], coñecido tradicionalmente como '''Algazel''' en [[Europa]] durante a [[Idade Media]], contribuíu decisivamente no desenvolvemento teórico do [[sufismo]] e da súa aceptación como corrente islámica.
 
==Traxectoria==
Liña 16 ⟶ 17:
Algazel serviu como transmisor da obra de Aristóteles e comentarista dos seus seguidores musulmáns [[Avicena]] e [[Alfarabi]]. Aínda que estudou os postulados racionalistas, chegou ó convencemento da ineficacia da razón como ferramenta de coñecemento ou de comunicación con Deus; iso fíxolle chegar a postulados [[Misticismo|místicos]] e a abrazar o [[sufismo]] durante dez anos. As súas obras principais son, á parte de ''A destrución dos filósofos'' tan criticada por Averroes, sobre todo ''Revivificación das ciencias relixiosas''. Rexeita a eternidade do mundo como herética, subordinando a [[filosofía]] á [[teoloxía]]: á beira do coñecemento ordinario, froito dos sentidos, coloca un [[coñecemento]] [[intuición|intuitivo]] froito da [[ascética]] e a [[fe (relixión)|fe]]. A súa [[moral]], aínda que fundada no ''Corán'', acusa influencias gregas e cristiás. Criticou duramente as doutrinas racionalistas de [[Alfarabi]]. Crese que máis tarde, regresou ós seus postulados de principio que outorgaban un papel central á [[razón]] como ferramenta do coñecemento humano, exercendo de novo o maxisterio. Escribiu tamén unha autobiografía titulada ''O que libra do erro'', onde expón o seu itinerario espiritual, da que hai tradución moderna (''Confesións: O salvador do erro'', introdución e notas de Emilio Tornero, Madrid: Alianza Editorial, 1989).
 
Algazel foi o teólogo que inspirou ós [[Almohades]], pero non ós [[AlmorávidesAlmorábides]], e así, a comezos do século XII, o emir almorávidealmorábide Alí ben Yúsuf ordenou, aconsellado por certos alfaquíes, que se queimasen as súas obras.
 
== A influencia de Algazel ==
Liña 42 ⟶ 43:
Os escritos de Algazel sobre educación representan o apoxeo do pensamento na civilización islámica. A concepción da educación que elaborou pode ser considerada como a construción máis acabada neste dominio, definindo claramente os obxectivos da educación, trazando o camiño a seguir e expondo os medios de chegar ó obxectivo buscado. Algazel exerceu unha influencia evidente sobre o pensamento educativo islámico da vida do [[século XIII]] da Héxira (do [[século XII]] ó [[século XIX]] da era cristiá). Pódese case dicir que con raras excepcións, os prácticos e os teóricos da educación non fixeron nada máis que copiar a Algazel e resumir os seus puntos de vista e os seus escritos.
 
A case totalidade do pensamento educativo islámico (e en particular sunnita) seguíuseguiu o camiño trazado por Algazel, a influencia ininterrompida do cal sobreviviu a chegada da modernidade occidental e a aparición da civilización árabe moderna contemporánea.
 
== Véxase tamén ==