Diferenzas entre revisións de «Arquipélago de Madeira»

corrixo
m (elimino a Categoría:Illas do Atlántico mediante HotCat)
(corrixo)
Subdivídese nas dúas illas principais da Madeira e do [[Porto Santo]] e dous grupos de illas deshabitadas, as [[Illas Desertas]] e as [[Illas Salvaxes|Salvaxes]].
 
A illa da Madeira posúe unha [[orografía]] bastante accidentada, sendo os puntos máis altos o ''[[Pico Ruivo'']] (1.862 m) e o ''[[Pico do Areeiro''Arieiro]] (1.818 m). O releverelevo, ben como a exposición aos ventos predominantes, fan que na illa existan diversos microclimas o que, aliado ao exotismo da vexetación, constitúe un importante factor de atracción para o turismo, principal actividade da rexión. Non existen grandes variacións térmicas durante todo o ano, manténdose o clima lene con temperaturas medias que rondan os 22 °C (máxima) e os 16 °C (mínima). A temperatura da auga do mar, debido á influencia da corrente quente do Golfo, mantense nos 22 °C no verán, arrefriando gradualmente ata atinxir os 17 °C no fin do inverno.
 
A illa do Porto Santo, por outro lado, ten unha constitución xeomorfolóxica completamente oposta á da illa da Madeira. Moi plana e con 9 km de praia de area fina e dourada constitúe un lugar turístico aínda pouco explorado.