Maryland: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Educación: remato correcciòns |
|||
Liña 92:
En [[1919]], o Congreso americano aprobou unha lei que prohibía a produción, venda, compra e transporte de bebidas alcohólicas. A maioría da poboación do estado estaba contra esta medida, e varios líderes políticos destacaron como críticos e opoñentes desta lei, considerada unha violación dos seus dereitos estatais. Como consecuencia, o estado pasou a ser coñecido como ''The Free State'' ("O Estado Libre"), e este cognome é usado aínda actualmente, como unha homenaxe ás tradicións de liberdade política e relixiosa do Estado.
A [[Gran Depresión]] afectou seriamente a economía do Estado. Moitas empresas fracasaron, moitas fábricas fecharon e moitos traballadores quedaron desempregados. [[Baltimore]], unha cidade basicamente industrial, foi moi afectada pola Depresión. En [[1933]], máis de 40 % da poboación da cidade estaba desempregada. Para minimizar os efectos da Depresión, o Estado creou programas de axuda social e construíu numerosos abrigos para aloxar os numerosos [[sen teito]] do Estado.
A economía do estado recuperouse co inicio da [[segunda guerra mundial]]. Os anos da segunda guerra mundial foron anos de gran desenvolvemento industrial no estado, e o éxodo rural, isto é, migración da poboación rural cara as [[cidade]]s, aumentou drasticamente. No final da guerra, Maryland converteuse nun estado maioritariamente urbano e industrial. A industrialización e urbanización do Estado continuaron nas décadas seguintes. O estado tamén pasou a recibir grandes números de [[afroamericano]]s procedentes dos estados do Sur, que se instalaron principalmente en Baltimore. Como consecuencia, moitas familias brancas se mudaron de Baltimore ós suburbios próximos.
|