A Terra ten un sistema de compensacións de temperatura, presión e humidade, que mantén un equilibrio dinámico natural, en todas as súas rexións.
As capas superiores do planeta reflicten en torno de corenta por cento da radiación solar. Destes, aproximadamente o 17 % absórbennosabsórbeos as capas inferiores sendo o ozono o que absorbe os raios [[ultravioleta]]. O [[dióxido de carbono]] e mailo [[vapor de auga]] absorben os raios [[infravermello]]s. O 43% restante da enerxía alcanza a superficie do planeta que, á súa vez, reflicte o 10 % de volta. Alén dos efectos descritos, existe tamén a influencia do vapor de auga e a súa concentración variable. Estes, xuntamente coa inclinación dos raios solares en función da latitude, inflúe de forma decisiva na penetración da enerxía solar, que á súa vez ten aproximadamente o 33 % da enerxía absorbida por toda a superficie atinxida durante o día, sendo unha parte moi pequena desta reirradiada durante a noite. Alén de todos os efectos relatados anteriormente, existe ademais a influencia e interacción dos océanos coa atmosfera na súa auto regulación. Estes manteñen un equilibrio dinámico entre os fenómenos climáticos das diferentes rexións da Terra.
Todos osEstes mecanismos relatados mais enriba actuando en conxunto, xeran unha transición suave de temperaturas en todo o planeta.
* Unha excepción á regra ocorre onde son menores a cantidade de auga, vapor desta e a espesura da troposfera, como nos desertos e cordilleiras de grande altitude.