Diferenzas entre revisións de «Ciclo de Rankine»

sen resumo de edición
 
==Ciclo Rankine real (non-ideal)==
Nun ciclo Rankine real, a compresión pola [[Bomba hidráulica|bomba]] e a expansión na [[turbina]] non son isoentrópicas<ref name="Van_Wylen">Van Wylen</ref>. En outras palabras, estes procesos non son reversíbeis, e a [[entropía]] aumenta durante os procesos (indicados na figura como ΔS). Isto fai con que a enerxía requirida pola bomba sexa maior, e que o traballo producido pola turbina sexa menor do que o producido nun estado de idealidade.
 
==Variacións do ciclo Rankine==
 
===Ciclo Rankine con requentamento===
O ciclo Rankine con requentamento opera utilizando dúas turbinas en serie. A primeira [[turbina]] recebe o [[vapor]] da caldeira a alta presión, liberándoo de tal maneira a evitar a súa condensación. Este vapor é entón requentado, utilizando a calor da propia caldeira, e é utilizado para accionar unha segunda turbina de baixa presión. Entre outras vantaxes, isto impide a [[condensación]] do vapor no interior das turbinas durante a súa expansión, o que podería danificar seriamente as pas da turbina<ref name="Van_Wylen">Van Wylen</ref>.
[[Ficheiro:Ciclo_rankine_reaq.jpg|miniatura|350px|centro|Ciclo Rankine con requentamento]]