George Berkeley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiños de formato
Liña 1:
'''George Berkeley''' e un [[filósofo]] e clérigo [[Irlanda|irlandés]], considerado o fundador da moderna escola do [[idealismo]], teoría que afirma que a existencia de todos os obxectos físicos depende da mente. De acordo cos seus escritos de principios do século XVIII, unaunha mesa 'é' real só se unha mente a percibe. Polo tanto, os obxectos son ideas. Berkeley mantiña que non se pode concibir que a materia exista con independencia da mente; os fenómenos dos sentidos só poden explicarse supoñendo que hai un deus que provoca de forma continua a percepción na mente humana.
[[Ficheiro:George_Berkeley_by_John_Smibert.jpg|miniatura|250px|George Berkeley]]
 
== Biografía ==
Naceu o [[12 de marzo]] de [[1685]] en [[Dysert]], Irlanda, nunha familia acomodada. Estudou en [[Kilkenny College]], e asistiu as clases no [[Trinity College]] en [[Dublín]], onde rematou os seus estudos en [[1707]]. Permaneceu no Trinity College ata lograr un título de profesor de Grego. Toda a súa vida estivo marcada polo afán de realizar unaunha apoloxía da relixión cristiá. Pensaba que para iso o mellor era manexar como instrumento o [[inmaterialismo]].
 
A súa primeira publicación foi de carácter matemático, pero a primeira que gañou notoriedade foi o seu Ensaio ''An Essay Towards a New Theory of Vision'' (Cara unha nova teoría da visión), publicado en [[1709]]. Aínda que levantou moita polémica no seu momento, as súas conclusións forman parte na actualidade da óptica. A esta obra seguiraa o ''Treatise on the Principles of Human Knowledge'' (Tratado sobre os principios do coñecemento humano), en [[1710]]. Con ambas concluirá a primeira etapa da súa produción filosófica, caracterizada polo interese en loitar contra os [[librepensador]]es, contra os escépticos que negaban a [[existencia de Deus]] ou a puñan en dúbida. As obras que seguiron, dentro da mesma liña, adoptan o esquema teórico do neoplatonismo. Trasládase a [[Londres]] en [[1713]] onde se relaciona con varios intelectuais moi coñecidos na súa época. Entre eles estaba o seu compatriota [[Jonathan Swift]]. Ese mesmo ano aparecería ''Three Dialogues Belween Hylas and Philonous'' (Os tres diálogos entre Hylas e Philonus, nos que desenvolveu o seu sistema filosófico, cuxo principio fundamental é que o mundo que se representa nos nosos sentidos só existe se é percibido). Os principios é unha exposición, mentres que os diálogos constitúen a súa defensa. En forma dialogada expón a doutrina do Ensaio e do Tratado á vez que contesta a algunhas obxeccións.
Liña 9:
Un dos seus obxectivos principais foi combater o [[materialismo]], teoría dominante na súa época. Aínda que as súas teorías foron ridiculizadas, algúns, como S. Clarke, considerárono un xenio. Pouco despois visitou Inglaterra onde foi recibido por [[Addison]], [[Pope]] e [[Steele]]. No período entre [[1714]] e [[1720]] alternou os seus traballos académicos con viaxes por Europa. En [[1721]] recibiu un doutorado en [[teoloxía]], e decidiu permanecer no Trinity College de Dublín dando clases de [[Teoloxía]] e [[Hebreo]]. En [[1724]] fixérono [[deán]] de [[Derry]].
 
Durante este período concibiu o proxecto de fundar nas [[illas Bermudas]] un colexio para evanxelizar os [[nativo]]s de [[América]]. Estaba convencido de que Europa se atopaba condenada a unha inevitábel decadencia moral. Debido a iso a civilización e a relixión só podían sobrevivir se se levaban a pobos xovesmozos. En [[1728]] partiu dende Inglaterra con dirección a América. Pasou tres anos en [[Rhode Island]], esperando as axudas que lle prometeran. Porén estas non chegaron, e en 1731 volveu a Inglaterra. Durante os tres anos que residiu en Rhode Island –onde-onde comprou unha fábrica e construíu unha casa- Berkeley escribiu o ''Alcifrón'' ou o filósofo insignificante contra [[Shaftesbury]], e en 1734-1737 ''The Querist''.
 
En 1734 Berkeley foi nomeado bispo da pequena [[diocese de Cloyne]], en Irlanda. EnPermaneceu en [[Cloyne]], dedicado á realización de obras filantrópicas e morais, Berkelley permaneceu ata poucos meses antes da súa morte, ocorrida en 1753. Unha epidemia que se produciu entre 1739 e 1740 serviu de ocasión para que o bispo Berkeley escribise –e máis tarde publicase, en 1744- “A Siris, cadea de reflexións e investigacións filosóficas sobre as virtudes da auga de alcatrán, e outros distintos temas vinculados entre si e que xorden uns de outros”.
 
Durante o verán de [[1752]], Berkeley trasladouse a [[Oxford]], onde faleceu poucos meses despois, o [[1 de xaneiro]] de [[1753]]. En 1781, con carácter póstumo, publicouse o relato da súa viaxe a [[Italia]], titulado ''Diario en Italia''.
Liña 21 ⟶ 22:
O sistema filosófico de Berkeley eliminaba calquera posibilidade de coñecemento dun mundo externo material. A pesar de que o seu sistema tivo poucos seguidores, as súas críticas aos razoamentos sobre un mundo separado externo e ao concepto da materia foron poderosas e influíron nos filósofos posteriores.
 
A filosofía científica de Berkeley bautizouse como [[Empirismo|empirista]], [[Positivismo|positivista]] instrumentalista, [[Fenomenoloxía|fenomenolóxica]] e [[Teísmo (filosofía)|teísta]]. Berkeley foi un dos primeiros críticos de [[Newton]], aínda que a súa filosofía xurdiu como consecuencia de ler o ''Ensaio sobre o entendemento humano'' de [[Locke]], que apoiaba e estendía as ideas de Newton. Berkeley rexeitou a dicotomía entre a materia ou substancia, por un lado, e as diferentes calidades que percibimos nela cos nosos sentidos, polo outro; con espírito aínda máis empirista que o de Locke, sinalou que como o único que realmente percibimos son as calidades, mentres que a materia nada máis a supoñemos, esta debería eliminarse, deixando á realidade formada só por dous elementos: as mentes e as ideas que istasestas experimentan directamente. De aquí xorde o famoso ''esse est percipi'', cuxa única excepción (para Berkeley) é Deus. As cousas que enchen este mundo existen grazas a que son percibidas por Deus, pero o seu poder é tan grande que a través del nós tamén as percibimos.
 
A filosofía da ciencia de Berkeley derivase da súa epistemoloxía, que non require da andamiaxe metafísica necesaria para demostrar a existencia de Deus: como bo idealista, postula que as nosas experiencias dos fenómenos reais só son secuencias de ideas que ocorren na mente, sen relación causal ningunha có mundo exterior; como bo fenomenólogo, sinala que a "negrura" da noite ou o sabor dun doce son os únicos obxectos do coñecemento; como bo instrumentalista, critica a Newton pola súa transformación de termos matemáticos en entidades "reais", pode dicirse que a posición de Berkeley ante as leis da mecánica newtoniana era claramente idealista, fenomenolóxica, instrumentista e positivista. No seu esforzo por establecer unha teoría racional do coñecemento totalmente consistente, Berkeley sacrificou a súa credibilidade. Ao saber o doutor Johnson de que Berkeley negaba a existencia do mundo exterior, pateou unha gran pedra mentres dicía: "¡Así é como o refuto!" A pesar do peso histórico desta anécdota, o irascíbel doutor Johnson non estaba refutando nada, senón simplemente xerando certas sensacións diferentes no seu pé. Pero Berkeley anticipou con gran claridade o seguinte e último paso do empirismo, dado por [[Hume]], que foi o recoñecemento das dificultades implícitas na teoría filosófica da causalidade e do que posteriormente coñeceuse como o "problema da indución".
Liña 58 ⟶ 59:
 
=== Outros artigos ===
* [[Empirismo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/sites/ciencia/volumen3/ciencia3/161/html/sec_23.html Berkeley en biblioteca digital (en castelán)]
 
[[Categoría{{ORDENAR:Filósofos de Irlanda|Berkeley, George]]}}
[[Categoría:Nados no condadoFilósofos de Kilkenny‎Irlanda]]
[[Categoría:Nados no condado de Kilkenny]]
[[Categoría:Nados en 1685]]
[[Categoría:Finados en 1753]]