Diferenzas entre revisións de «Geza Vermes»

ligs ints
(ligs ints)
(ligs ints)
 
==Traxectoria==
A súa nai e o seu pai, xornalista, morreron no [[holocausto]]. Graduouse en Historia Oriental e [[Filoloxía]] pola [[Universidade de Lovaina]] e obtivo o doutoramento en [[Teoloxía]]. Foi colaborador do Centro Nacional de Investigacións científicas en [[París]] e profesor de estudos bíblicos na [[Universidade de Newcastle]]. En [[1965]] foi designado profesor de estudos xudeus na [[Universidade de Oxford]].
 
A súa familia, aínda que de orixe xudía, profesaba o [[catolicismo]], relixión que el abandonou para recuperar plenamente a súa condición de xudeu.