Diferenzas entre revisións de «Geza Vermes»

ligs ints
(ligs ints)
 
==Traxectoria==
A súa nai e o seu pai, xornalista, morreron no [[holocausto]]. Graduouse en Historia Oriental e [[Filoloxía]] pola [[Universidade de Lovaina]] e obtivo o doutoramento en [[Teoloxía]]. Foi colaborador do Centro Nacional de Investigacións científicas en [[París]] e profesor de estudos bíblicos na Universidade de Newcastle. En [[1965]] foi designado profesor de estudos xudeus na [[Universidade de Oxford]].
 
A súa familia, aínda que de orixe xudía, profesaba o [[catolicismo]], relixión que el abandonou para recuperar plenamente a súa condición de xudeu.
 
É membro da [[Academia Británica]] e da Academia Europea das Artes, das Ciencias e das Humanidades. Ostenta doutoramentos ''honoris causa'' polas [[Universidade de Edimburgo|Universidades de Edimburgo]], [[Universidade de Durham|Durham]] e [[Universidade de Sheffield|Sheffield]] e a [[Universidade Europea Central]] de Budapest.
 
Como froito das súas prolongadas investigacións, refutou as posicións que puñan en dúbida a historicidade de Xesús de Nazaret, así como aquelas posicións que entendían que Xesús se afastou da relixión xudía. Pretendeu achegarse desde criterios puramente históricos ao suposto fundador do cristianismo para chegar á conclusión que este non pretendeu fundar unha relixión esgallada do xudaísmo.