Auguste Beernaert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{Icona nobel paz}}
lig int
Liña 19:
'''Auguste Beernaert''', nado en [[Ostende]] o [[26 de xullo]] de [[1829]] e finado en [[Lucerna]] o [[6 de outubro]] de [[1912]], foi un político [[Bélxica|belga]].
==Traxectoria==
Auguste Beernaert foi un político [[Partido Católico (Bélxica)|católico]] flamengo de [[lingua francesa]], fillo dun funcionario do Estado, foi a súa nai quen se encargou da educación dos dous fillos do matrimonio. Diplomouse na Facultade de dereito de [[Universidade Católica de Lovaina|Lovaina]], grazas a unha bolsa de estudos estivo en diversas universidades europeas ([[París]], [[Estrasburgo]], [[Berlín]] e [[Heidelberg]]) para estudar os sistemas de aprendizaxe do dereito, ó remate envioulle un informe ó ministerio do interior. Exerceu de avogado en [[Bruxelas]] e abriu o seu propio bufete, especializado no dereito financeiro e que se encargaba dos intereses de prominentes figuras da realeza e do mundo financeiro, e publicou diversos artigos legais en revistas especializas. En 1859 foi nomeado para a [[Corte de casación]] en substitución de [[Auguste van Dievoet]]. En 1873 entrou no goberno de [[Jules Malou]] como ministro de obras públicas e transporte exercendo o posto ata 1878, en 1884 ocupou o ministerio de agricultura, industria e agricultura durante tres meses para ser nomeado xefe de goberno e ministro de finanzas polo rei [[Leopoldo II de Bélxica|Leopoldo II]], durante o seu mandato realizáronse numerosas reformas constitucionais, como o voto universal ou a protección dos dereitos dos flamengos, e xogou un papel fundamental na transformación do [[Congo Belga]] no Estado do Congo Belga co rei dos belgas como soberano e non como propietario como ata entón. En 1894 caeu o seu goberno ó fracasar o seu intento de establecer un sistema de representación proporcional. Presidiu a Cámara dos Deputados (1895) e ocupando un escano ata 1912. En 1899 presidiu a primeira sesión da Conferencia Internacional de Paz da Haia. e formou parte do Tribunal Internacional de Arbitraxe. Partidario do internacionalismo, propiciou conferencias para unificar o dereito marítimo internacinal, para rematar coa escravitude, presidiu a [[Liga Internacional de Católicos Pacifistas]], En 1909 foi laureado co [[Premio Nobel da Paz]] compartíndoo con [[Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant|Paul d'Estournelles de Constant]].
 
[[Ficheiro:Auguste Beernaert.jpg|miniatura|esquerda|180px|Auguste Beernaert contra [[1900]].]]