Luís Filipe Lindley Cintra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3324908
Liña 10:
En [[1959]] fixo unha terceira tese, ''A linguagem dos Foros de Castelo Rodrigo'', dedicada a un grupo de textos de dereito local do século XIII, producidos na rexión leonés-portuguesa de [[Ribacoa]] e interesantes para entender a reconstitución dos movementos lingüísticos desencadeados pola Reconquista nunha rexión aínda hoxe pouco estudada.
 
Unha das súas características como intelectual e científico era que daba pouca importancia á teoría, preferindo a análise dos datos, seguindo o seu gran modelo, [[Ramón Menéndez Pidal]], co que trabaloutraballou para o doutoramento. Volveu colaborar co filólogo madrileño na recollida de material para o ''[[Atlas Lingüístico da Península Ibérica]]'', percorrendo Portugal en 1953 e 1954. Isto estimulouno para estudar outros aspectos, como a dialectoloxía e a [[etnografía]], disciplinas que desde [[Leite de Vasconcelos]] eran pouco estudadas en Lisboa. Amais, o feito de abandonar o gabinete e descubrir a forma de vida popular, espertoulle a consciencia dos problemas sociais e políticos. Dez anos máis tarde, estas preocupacións reflectíronse no seu protagonismo nas loitas estudantís e a súa coraxe física en episodios históricos.
 
Como lingüista abarcou dous grandes campos de investigación: as orixes da lingua portuguesa e o seu espazo xeográfico. Sobre as orixes, preocupouse sobre a Reconquista e o repoboamento do territorio peninsular, a historia dos dialectos galegos e portugueses, a produción documental latina e portuguesa dos primeiros séculos nacionais, o aparecemento da literatura escrita en portugués e a literatura oral, manifestada máis tarde no romanceiro. Sobre o espazo, definido historicamente como a faixa occidental da [[Península Ibérica]] (incluíndo por tanto a [[lingua galega]]; se ben afirmaba que os seus dialectos pertencían ao mesmo sistema que o portugués, nese momento apoiaba a autonomía da norma lingüística galega) e polas illas atlánticas, por [[Brasil]] e os países africanos e asiáticos lusófonos e os crioulos de base portuguesa. Un espazo xeográfico definido como produto da expansión extra-europea da lingua nacida do [[latín]] vulgar do noroeste peninsular. Esta definición conducía á valorización dos aspectos unitarios: sobre a variedade inevitábel dunha lingua transcontinental, Cintra facía pairar unha unidade fundamental que non excluía o galego nin os crioulos, e moito menos o portugués do Brasil, como demostra, na fase final da súa vida, a defensa dunha ortografía común e a colaboración con [[Celso Ferreira da Cunha]] para escribiren a ''[[Nova Gramática do Português Contemporâneo]]'' (1984), unha [[gramática]] escrita para servir de normativa, simultaneamente, á lingua usada por portugueses, brasileiros e africanos.