Río Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado mapa na ficha
mSen resumo de edición
Liña 15:
| desemboca altitude = 0 m
| cadea fluvial =
| mapa = [[Ficheiro:Hidrogalicia rio eume.svg|300px]]<br />
Conca do Eume (en azul escuro).
}}
 
O '''río Eume''' é un río galego. Nace na [[Serra do Xistral]] na parroquia da [[A Balsa, Muras|Balsa]], no concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Muras]]. O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila [[As Pontes de García Rodríguez|das Pontes de García Rodríguez]], vaise encaixando nun val profundo coñecido como [[canón do Eume]], en parte asolagado polo [[encoro do Eume]]. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo [[Estuario|esteiro]] que en [[marea]] baixa forma unha [[illa]] coñecida como As Croas, de gran valor [[Marisqueo|marisqueiro]] e [[Fauna|faunístico]]. Finalmente desemboca na [[Ría de Ares]], no [[Golfo Ártabro]], entre os concellos [[provincia da Coruña|coruñeses]] de [[Pontedeume]] e [[Cabanas]] dos que é a súa fronteira natural.