Vila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de esːVilla (población) e pt:Vila
Liña 1:
[[Ficheiro:Mértola.JPG|thumb|dereita|240px|[[Mértola]], vista xeneral da vila e castelo.]]
{{Atención|1=Curto de máis.|data=maio de 2014}}
UnhaO término '''vila''' ten basicamente unha soa acepción, aínda que con algunha variante produto de matices históricos. Unha vila é un aglomeradonúcleo de poboación dedun tamaño intermedio entre a [[aldea]], ou poboación, e a [[cidade]], dotadotrátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar [[feira]]s) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de [[cidade]]. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo [[Idade Media|medievais]] e da [[Idade Moderna]], que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.
 
== Historia ==
=== Época romana ===
{{AP|Vila romana}}
En época romana unha vila era un asentamento rural formado por un edificio residencial principal e outra serie de edificios secundarios. A súa orixe é romano e entón constituía o centro desde o que se administraba unha explotación agrícola. Posteriormente perdeu as súas funcións agrícolas e reduciu a súa actividade á residencial.
 
Coa consolidación do [[latifundio]] durante o [[Imperio romano]], a vila converteuse no centro das grandes explotacións agrícolas.
 
Creouse unha distinción:
* '''Vilas rústicas''', desde onde se dirixía a explotación, residían os traballadores [[escravitude|escravos]], gardábase o gando e almacenábase a produción.
* '''Vilas urbanas''', nas que residía o señor e que cada vez adoptaba as formas arquitectónicas e de embelecemento propias das mansións urbanas.
 
Cando a partir do [[século I]] a gran propiedade territorial dividiuse entre a área directamente explotada polo [[señorío|señor]] e a cedida a colonos arrendatarios, as ''vilas urbanas'' convertéronse nos centros do poder administrativo dos señores, aparecendo as formas de vasalaxe propias do [[feudalismo]] do [[Século IV]].
 
=== Idade Media ===
 
Na [[Idade Media]], aínda que cada pobo estaba formado por diversas vilas, estas unidades de explotación rural pasaron a denominarse ''vicus'' ou ''locus'', e recibiron o nome de vila as unidades de poboamento que, a diferenza dunha [[aldea]] ou un [[lugar]], non dependían da poboación cabeza do [[municipio]], polo que tamén eran coñecidas como ''[[Vila Eximida|vilas exentas]]'', dispoñendo de xurisdición civil e criminal.
 
A vila, tiña unha serie de privilexios que a diferenciaba da aldea ou lugar. Un corpo de rexedores e xuíces gobernan a vila. Con aspiracións urbanas, dotadas dun [[castelo]] ou fortaleza e provista dunha muralla ou cercado en torno á poboación. A vila e o seu [[Concello]] estendían a súa xurisdicción sobre un extenso territorio.
 
Durante o [[Antigo Réxime]] a categoría de vila remite a un núcleo que grazas á obtención da [[Carta Poboa]] adquire o dereito a que por medio dos seus [[alcalde]]s exérzase nel, e nos lugares que se lle asignan, a [[dereito procesal civil|xurisdición civil]] e [[xurisdición criminal|criminal]].
 
=== Presente ===
 
A día de hoxe, o título de vila é xeralmente puramente honorífico. Ningunha das leis municipais vixentes concede nada en especial a ningún municipio polo feito de poder ostentar os títulos de vila ou de cidade (outra cousa son as vantaxes fiscais derivadas do número de habitantes e doutros conceptos cuantitativos). Unha excepción a consitúen as vilas de [[Biscaia]], España, que se consideran territorio non aforado e xa que logo, nelas rexe o Foro Civil de Bicaia a diferenza do resto do territorio no que rexe o Código Civil español.
 
No ámbito da organización administrativa, unha vila é unha poboación cun tamaño intermedio entre unha aldea e unha cidade, dotado dunha economía na que o sector terciario comeza a ter certa importancia.
 
== Vila en Portugal ==
 
Tipicamente, en Portugal, as vilas teñen entre 1.000 e 10.000 habitantes, pero motivos históricos e flutuacións poboacionais crearon varias excepcións a esta regra. Actualmente, a creación de novas vilas (elevadas de niveis inferiores) está definida pola lei nº 11/82 do [[2 de xuño]] que, salvo cando haxa "importantes razóns de natureza histórica, cultural e arquitectónica", establece que unha poboación só pode elevarse a vila se ten:
 
* Máis de 3.000 [[electorado|electores]], en poboación continua.
* Polo menos, a metade dos seguintes equipamentos colectivos:
** Posto de asistencia médica.
** [[Farmacia]].
** Casa do Pobo, dos Pescadores, de espectáculos, centro cultural ou outras colectividades.
** Transportes públicos colectivos.
** Estación de [[Correos]].
** Establecementos comerciais e de hostalería.
** Escola de ensino obrigatoria.
** Axencia bancaria.
 
En [[heráldica]] as aglomeracións urbanas portuguesas reflicte a diferenza entre cidades, vilas e aldeas, con o [[Escudo|brasón de armas]] unha cidade representase cunha coroa de 5 torres, unha vila con 4 e unha aldea con 3.
 
Varias cidades e aldeas poden conter no seu topónimo a palabra "vila" e non ter ese estado, moitas veces ao herdar o nome das ''vilas'' rurais medievais, herdeiras das ''vilas'' romanas.
 
A vila mais populosa de Portugal é [[Algueirão-Mem Martins]], con cerca de 100.000 habitantes. Outras vilas con mais de 25.000 habitantes son, [[Rio de Mouro]], [[Corroios]], [[Cascais]], [[Oeiras]], [[Águas Santas (Maia)|Águas Santas]], [[Paço de Arcos]] e [[Sintra]].
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Urbanismo]]
* [[Parroquia civil|Parroquia]]
* [[Cidade]]
* [[Comarca]]
* [[Concello]]
 
[[Categoría:Administración]]