Pforzheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
Pforzheim foi fundada ao redor do [[-50|50 a.C.]] polos [[Imperio Romano|romanos]], que se instalaron preto do río nun posto militar chamado ''Portus'', ao redor do cal se desenvolveu o poboado, habitado por unha poboación mixta de [[celtas]] e os mesmos romanos. Do imperio romano pasou no [[século V]] aos [[alamáns]] e no século VI aos [[francos]], o cal non afectou nun principio á composición da poboación, xa que o territorio tivo o status dunha [[Colonialismo|colonia]], que debía pagar impostos aos seus colonizadores.
 
Recen chegado o [[século X]], coa fundación do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] pódese dicir que a poboación se xermanizou. A cidade desenvolveuse lentamente até o [[século XVIII]], cando a industria reloxeira instalouse aquí e fixo aumentar a poboación de maneira significativa. En termos relixiosos a cidade apoiou ao movemento [[Protestantismo|protestante]] de [[MartínMartiño Lutero]], e chegouse a tal grao que a fins do [[século XVIII]], tódolos [[Catolicismo|católicos]] foron botados da cidade, mentres que refuxiados protestantes do sur de Francia, os [[valdense]]s, foron recibidos con mans abertas e instaláronse ao leste de Pforzheim.
 
A fins do [[século XIX]] e a principios do [[século XX|XX]] comezou unha onda de inmigración desde [[Italia]] e [[Polonia]], que modificou a composición étnica da clase obreira. Durante a segunda guerra mundial, Pforzheim a pesar de non producir ningún ben significativo para a industria bélica foi bombardeada con 1.551 toneladas de bombas na noite do [[23 de febreiro]] de [[1945]] sendo destruída case por completo nun ataque [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliado]] que matou a 20.277 persoas, un terzo da poboación da cidade.