Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:ReformantionWindowSMLC.jpg|220px|miniatura|A ''vidriera da Reforma'' nunha igrexa [[Luteranismo|luterana]] de [[Carolina do Sur]] mostra escenas craves da Reforma Protestante.]]
 
A '''Reforma Protestante''' foi un movemento de reforma [[Cristianismo|cristiá]] no [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] que xeralmente considérase que comeza a partir da publicación das [[95 Teses]] de [[MartínMartiño Lutero]], en 1517, aínda que existen unha serie de precursores como [[Jan Hus]] anteriores a este evento. Como período histórico, a Reforma considérase que termina coa [[Paz de Westfalia]] en [[1648]] dando fin as [[guerras de relixión en Europa]]<ref name="History">{{cita web | url=http://www.history.com/topics/reformation | título= The reformation |editor=History.com | dataacceso=3 December 2013}}</ref>; con todo, moitas das denominacións que se produciron durante este período seguen existindo e o [[protestantismo]] constitúe unha das ramas máis importantes do [[cristianismo]] hoxe en día. Aínda que o movemento comezou como unha tentativa de reformar a [[Igrexa Católica]], os movementos acabaron coa escisión dos grupos reformistas e co establecemento de novas institucións, principalmente, o [[luteranismo]], o [[calvinismo]] e o [[anabaptismo]].
 
Moitos [[Catolicismo|católicos]] de occidente estaban descontentos coas falsas doutrinas e malas prácticas dentro da Igrexa, as cales consideraban impropias, especialmente no caso da venda de [[Indulxencia|indulxencias]]. Outra controversia importante foi a práctica de compra e venda de posicións de prestixio no seo da Igrexa (simonía), considerado naquel tempo como unha auténtica corrupción na xerarquía eclesiástica. Esta corrupción considerábase sistémica, chegando mesmo á posición do [[Papa]].
 
A Reforma en xeral considérase que comeza o [[31 de outubro]] de [[1517]], na actual rexión alemá de [[Saxonia]], cando [[MartínMartiño Lutero]] cravou unha copia das súas [[95 Teses|Noventa e Cinco Teses]] na porta da igrexa do castelo de [[Wittenberg]]<ref> {{Cita libro | apelidos = Kuiper | nome = BK | título = The Church in B. Eerdmans Publishing |ano= 1988 | páxina = 165 | ISBN = 0802817777|lingua=en}} </ref>, que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas criticas á Igrexa e ao Papa. Os puntos máis controvertidos centrábanse nas prácticas de venda de indulxencias e na doutrina da Igrexa no referente ao [[Purgatorio]]. Os predecesores espirituais de Lutero foron homes como [[John Wycliffe]] e [[Jan Hus]]. Outros pastores e teólogos de ideas radicais, como [[Huldrych Zwingli]] e [[Jean Calvin]], seguiron o camiño iniciado por Lutero. As crenzas e prácticas da Igrexa atacadas polos reformistas incluían o [[Purgatorio]], o xuízo particular ás almas, devoción pola [[Virxe María]], a intercesión dos [[santo]]s, a meirande parte dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]], o [[celibato]] que debían gardar os [[sacerdote]]s e os [[monxe]]s, e maila autoridade do [[Papa]].
 
O movemento de reforma pronto se dividiu en diferentes liñas [[doutrina]]is. Os desacordos entre Lutero e Zwingli, e máis tarde entre Lutero e Jean Calvin, conduciu á aparición das igrexas protestantes rivais. As [[Denominación Cristiá|denominacións cristiás]] máis importantes que xurdiron directamente da Reforma foron os [[Luteranismo|Luteranos]], os [[Igrexa Reformada|Reformados]]/[[Calvinismo|Calvinistas]]/[[Presbiterianismo|Presbiterianos]] e os [[Anabaptismo|Anabaptistas]]. A Reforma Protestante tamén é coñecida como a Reforma Xermánica, a Revolución Protestante, a Revolta Protestante e, en [[Alemaña]], a Reforma Luterana. O proceso de reforma diferenciouse de forma notábel dos acontecementos de [[Inglaterra]], que levarían á formación da [[Igrexa Anglicana]]. Alí, o período de reforma coñécese como a [[Reforma Inglesa]]. Asemade, os reformistas tamén aceleraron o proceso de [[Contrarreforma]] na [[Igrexa Católica]]. A Reforma implicou aspectos culturais, económicos políticos e relixiosos
 
== Historia e orixes ==
[[Ficheiro:BullExurgeDomine.jpg|miniatura|dereita|200px|Bula ''Exurge Domine'', '''Contra Errores Martine Lutheri et sequatium''': Bula contra os erros de [[MartínMartiño Lutero]] e os seus seguidores ([[15 de xuño]] de [[1520]]), pola que o papa [[León X, papa|León X]] o ameaza coa excomuñón se non se retracta de 41 puntos incluídos nas súas famosas 95 teses sobre as indulxencias do [[31 de outubro]] de [[1517]], nas que Lutero, indignado, atacaba a idea de que a compra das bulas podía ser causa de perdón de penas espirituais; feito habitual na época e onde a causa ocasional foi que o papa León X arrendaba as bulas de indulxencias á banca ''Fugger'' para obter diñeiro para a construción da [[basílica de San Pedro]] do Vaticano. Lutero queimou públicamente a bula ([[10 de decembro]] de [[1520]]) e a excomuñón fíxose efectiva ([[3 de xaneiro]] de [[1521]]). Estas datas son fitos da idade moderna, pero non pasarían de ser unha disputa teolóxica se non atopasen o formidable eco que a difusión da [[imprenta]] lle permitiu, e se non foran acollidos por unha sociedade madura para recibilos e uns axentes políticos dispostos e capaces de aproveitar o seu potencial.]]
=== Antecedentes ===
Todas as correntes protestantes maioritarias sitúan a súa separación da Igrexa Católica no [[século XVI]]. A orixe do protestantismo denomínase ''Reforma Maxisterial'' porque o movemento foi apoiado polos maxistrados, a autoridade lexislativa (a diferenza da ''Reforma Radical'', que non tivo apoio da administración). As organizacións protestantes antigas, como a U''nitas Fratrum'' que despois daría lugar á Igrexa de Moravia, sitúan a súa orixe no tempo de [[Jan Hus]], a comezos do [[século XV]] cando se producio unha gran crise na [[Igrexa Católica]] en Europa Occidental debido aos numerosos problemas de corrupción eclesiástica e falta de piedade relixiosa. Foi a venda de indulxencias para financiar a construción da [[Basílica de San Pedro]] en Roma, o que provocou finalmente que a cristiandade occidental se dividise en dúas, unha liderada pola [[Igrexa Católica]], que tras o [[Concilio de Trento]] reivindicouse a se mesma como a única herdeira válida da cristiandade occidental expulsando calquera disidencia e suxeitándose á autoridade do Papa, e outra metade que fundou varias comunidades eclesiales propias, xeralmente de carácter nacional para, na súa maioría, rexeitar a herdanza cristiá medieval e buscar a restauración dun cristianismo primitivo idealizado. Isto deu lugar a que [[Europa]] quedase dividida entre unha serie de países que recoñecían ao [[Papa]], como supremo e único xefe da Igrexa Católica, e os países que rexeitaban a autoridade de Roma e que recibiron o nome de [[Protestantismo|protestantes]]. Deseguido, os protestantes apareceron en moitos lugares de [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Alemaña]], nun tempo no cal o [[Imperio Otomán]] ameazaba territorios xermanos. Este feito apartaba a atención dos príncipes xermanos das emerxentes revoltas internas. Dita división provocou unha serie de guerras relixiosas en Europa. Como estaba dirixida por unha maioría de nobres de [[Bohemia]], esta foi a primeira Reforma Maxisterial en Europa. En parte, a protesta pode explicarse polos acontecementos dos séculos anteriores en Europa e particularmente en Bohemia.
Liña 35:
 
=== Século XVI ===
[[Ficheiro:Lucas Cranach (I) workshop - Martin Luther (Uffizi).jpg|miniatura|150px|Retrato de [[MartínMartiño Lutero]], iniciador da '''Reforma Protestante''' en [[1517]].]]
[[Ficheiro:Ulrich-Zwingli-1.jpg|150px|miniatura|[[Ulrich Zwingli]].]]
[[Ficheiro:John Calvin Titian B.jpg|150px|miniatura|[[Jean Calvin]]]]
As protestas contra [[Roma]], comezarón en serio cando MartínMartiño Lutero, que era monxe [[Agostiño de Hipona|agostiñano]] e profesor da universidade de Wittenberg, apelou en 1517 pola reapertura do debate sobre a venda de indulxencias. As desconformidades de Lutero marcaron un repentino brote cunha nova e irresistible forza dun descontento que fora apartado pero non resolto. A rápida propagación do descontento produciuse en gran medida debido á [[imprenta]] e a rápida circulación das ideas e documentos, incluídos nas 95 Teses. A información tamén se difundiu amplamente en forma manuscrita, así como en gravados e xilografías baratas, entre os sectores máis pobres da sociedade.
 
Paralelamente aos acontecementos en [[Alemaña]], un movemento similar empezou en [[Suíza]] baixo a dirección de [[Ulrich Zwingli]]. Estes dous movementos puxéronse de acordo rápidamente sobre a maioría das cuestións, a medida que o recente uso da imprenta permitía unha rápida propagación de ideas dun lugar a outro, pero algunhas diferenzas sen resolver mantivéronos separados . Algúns seguidores de Zwingli crían que a reforma era demasiado conservadora e independientemente trasladáronse cara a posicións máis radicais, que teñen continuidade nos nosos días entre os [[Anabaptismo|anabaptistas]]. Outros movementos protestantes creceron ao socairo das liñas do [[misticismo]] e do [[humanismo]], ás veces rompendo de [[Igrexa Católica|Roma]] ou dos [[protestantismo|protestantes]], ou formandose fóra das igrexas.
Liña 50:
A política de separación do [[igrexa anglicana|Igrexa de Inglaterra]] de [[Igrexa Católica|Roma]] baixo o reinado de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]], comezou en [[1529]] e acabou en [[1536]], levando deste xeito [[Inglaterra]] a cabo o seu propio movemento reformista. Con todo, os cambios relixiosos na igrexa nacional inglesa leváronse a cabo de forma máis conservadora que no resto de Europa. Os reformistas na Igrexa de Inglaterra alternaron, durante séculos, entre a simpatía polas tradicións católicas e o protestantismo, creando progresivamente un compromiso estable entre a adhesión á tradición antiga e o protestantismo, a miúdo chamado Vía Media.
 
[[MartínMartiño Lutero]], [[Jean Calvin]], e [[Ulrich Zwingli]] poden considerarse Reformistas Maxisteriais debido ao feito de que os seus movementos de reforma fixéronse co apoio das autoridades gobernantes ou "maxistrados". [[Frederico III de Saxonia|Frederico o Sabio]] non só apoia a Lutero, que era profesor na universidade que el fundou, senón que tamén o protexeu ocultándoo no castelo de Wartburg en [[Eisenach]]. Zwingli e Calvino foron apoiados polos concellos de [[Zúric]] e [[Xenebra, Suíza|Xenebra]]. Dado que o termo "magister" tamén significa "mestre", a Reforma Maxisterial tamén se caracteriza por un énfase na autoridade dun profesor. Isto é evidente na importancia de Lutero, Calvino e Zwingli como dirixentes dos movementos de reforma nas súas respectivas áreas maxistrais. Debido á súa autoridade, a miúdo foron criticados por reformadores radicais quen os consideraban demasiado similares aos Papas romanos. Por exemplo, o reformador radical [[Andreas Karlstadt]] referiuse aos teólogos de Wittenberg como os "novos papistas".
 
== O humanismo no movemento reformista ==
[[Ficheiro: Holbein-erasmus.jpg |150px|miniatura| [[Erasmo de Róterdam]].]]
{{Artigo principal|Humanismo}}
O reformismo frustrado dos [[Humanismo|humanistas]], introducido no [[Renacemento]], contribuíu a unha crecente impaciencia entre os reformadores. [[Erasmo de Róterdam]] e máis tarde figuras como [[MartínMartiño Lutero]] e [[Ulrich Zwingli|Zwingli]] emerxeron deste debate e, finalmente, contribuíron a outro [[Cisma de Occidente|gran cisma]] na [[cristianismo|cristiandade]]. A crise da [[teoloxía]] a partir de [[William de Ockham|Guillerme de Occam]] no [[século XIV]] estabase producindo en conxunción co descontento da nova [[burguesía]]. Desde a ruptura dos fundamentos filosóficos da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], o novo nominalismo non foi un bo augurio para unha igrexa institucional lexitimada como intermediaria entre o home e [[Deus]]. As novas correntes de pensamento favorecían a idea de que ningunha doutrina relixiosa podía ser apoiada por argumentos filosóficos, erosionando a antiga alianza entre a [[razón]] e a [[Fe (relixión)|fe]] da [[Idade Media|época medieval]] establecida por [[Tomé de Aquino]].
 
Os principais movementos da reforma individualista que se rebelaron contra a [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] medieval das institucións baséanse no humanismo, entre outras tradicións. En [[Alemaña]], "a vía moderna" ou devocionalismo naceu nas universidades, o que requiriu unha redefinición de [[Deus]], que xa non era racional, senón un primeiro rector arbitrario, de vontade incognoscible que non pode ser limitado. Deus é agora unha regra, e a relixión sería máis fervente e emocional. Polo tanto levouse a cabo a consiguiente reactivación da [[teoloxía]] [[Agostiño de Hipona|agustiniana]], afirmando que o home non pode ser salvado polos seus propios esforzos, senón só pola graza de Deus, erosionando a lexitimidade da rixidez das institucións da igrexa para proporcionar unha canle para o home de facer boas obras e entrar no [[ceo]]. O humanismo, con todo, foi algo máis que un movemento de reforma educativa con orixes no [[Renacemento]] que recuperou os ensinos clásicos de aprendizaxe e pensamento. Senón que se converte nunha revolta en contra da lóxica [[Aristóteles|aristotélica]], fíxose gran énfase na reforma dos individuos a través da elocuencia en contraposición á razón. O Renacemento sentou as bases para os humanistas do norte no seu reforzo da utilización do [[Lingua latina|latín]] como unha lingua unificadora da cultura.
Liña 67:
A Restauración Inglesa seguiu un curso diferente da Reforma na Europa continental. Houbera neste país durante moito tempo unha tensión forte debida ao [[anticlericalismo]] e Inglaterra xa dera orixe ao movemento dos [[Lolardismo|Lolardos]], liderado por [[John Wycliffe]], que inspirou de forma moi significativa os [[husitas]] en [[Bohemia]].
 
[[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] fora un católico convencido e escribira mesmo un libro con fortes críticas a [[MartínMartiño Lutero|Lutero]], pero máis tarde encontrou conveniente e rendible romper co Papado. A súa esposa [[Catarina de Aragón]], tan soo lle había dado unha filla, [[María I de Inglaterra|María]] e dado que Inglaterra atravesara recentemente un longo conflito dinástico, a [[Guerra das dúas rosas|Guerra das Rosas]], Henrique temeu que a falta dun herdeiro varón puidese poñer en perigo a reclamación dos seus descendentes ao trono polo que solicitou a anulación do seu matrimonio para poder casar con [[Ana Bolena]]. Non obstante, o [[Papa]] de Roma, [[Clemente VII, papa|Clemente VII]], favorable o emperador [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]], sobriño de Catarina, negou a súa solicitude de anulación. Deste xeito Henrique apoiouse na afirmación [[Luteranismo|luterana]] de que os Papas substituían a vontade de Deus polo seu propio xuízo, polo que decidiu separar a Igrexa de Inglaterra da autoridade de Roma. Así no ano 1534, mediante o [[Acta de Supremacía]] converteuse a Henrique no Xefe Supremo da Igrexia de Inglaterra pero non se realizou ningunha modificación doutrinal ou litúrxica sustantiva baixo o seu goberno, só prohibiuse a bispos e sacerdotes ingleses ter relación coa [[Curia Romana]] e expropiáronse os bens excedentes da Igrexa católica en beneficio da Coroa Real.
 
Entre 1535 e 1540, baixo [[Thomas Cromwell]], levouse a cabo a política coñecida como a disolución dos mosteiros. A veneración dalgúns santos, algunhas peregrinacións e algúns santuarios de peregrinación tamén foron atacados. A propiedade de enormes cantidades de terra da igrexa pasou ás mans da Coroa e en última instancia, á nobreza e a aristocracia. O interese por estas transaccións provocou un grande apoio a disolución da igrexa de Inglaterra coa de Roma. Tamén houbo algúns opositores notables a Reforma como [[Thomas More]] e o bispo [[Xoán Fisher|John Fisher]], que foron executados pola súa oposición. Tamén houbo un sector cada vez maior dos reformadores que foron imbuídos nas doutrinas reformistas máis correntes do continente.
Liña 162:
{{principal | Guerra dos Trinta Anos | Paz de Westfalia}}
 
A Reforma deu lugar a unha serie de guerras relixiosas que culminaron na [[Guerra dos Trinta Anos]]. De [[1618]] en [[1648]] a católica Casa de [[Habsburgo]] e os seus aliados combateron contra os príncipes protestantes de [[Alemaña]], apoiados en varias ocasións por [[Dinamarca]], [[Suecia]] e [[Francia]]. Os Habsburgo, que gobernaron [[España]], [[Austria]], os [[Países Baixos]] e gran parte de Alemaña e [[Italia]], foron acérrimos defensores da [[Igrexa Católica]]. Algúns historiadores creen que a era da Reforma chega ao seu fin cando a [[Catolicismo|católica]] [[Francia]] se alia, primeiro en segredo e máis tarde nos campos de batalla, cos estados protestantes en contra a dinastía dos Habsburgo. Por primeira vez desde os días de [[MartínMartiño Lutero|Lutero]], as conviccións [[política]]s e [[nacionalismo|nacionais]] superan as conviccións [[relixión|relixiosas]] de novo en Europa.
 
Os principios fundamentais da [[Paz de Westfalia]], que puxo fin a [[Guerra dos Trinta Anos]], foron os seguintes:
Liña 192:
* [[Contrarreforma]]
* [[Nikolaus von Amsdorf]]
* [[MartínMartiño Lutero|Lutero]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://history.hanover.edu/early/prot.html Internet Archive of Related Texts and Documents]