Diferenzas entre revisións de «Ana Bolena»

sen resumo de edición
m (refs)
Ana tiña un persoal de serventes maior que o de Catarina: había máis de 250 criados para atender ás súas necesidades persoais, desde sacerdotes ata mozos de cortello. Había tamén máis de 60 damas de honra que a servían e acompañaban a acontecementos sociais. Tamén empregou a varios [[sacerdote]]s que actuaron como os seus confesores, capeláns e conselleiros relixiosos. Un destes era o relixioso moderado [[Matthew Parker]], que se convertería un dos principais arquitectos da moderna Igrexa de Inglaterra baixo o reinado da súa filla Isabel I.<ref>[http://parkerweb.stanford.edu/parker/actions/page.do?forward=aboutparker&section=parker About Matthew Parker & The Parker Library], the Parker Library.</ref>
 
A súa reputación como reformista relixiosa estendeuse por Europa, e foi aclamada como unha heroína por figuras Protestantes; ata [[MartínMartiño Lutero]] viu a súa subida ao trono como un bo signo. Tamén salvou a vida do reformista francés [[Nicolas Bourbon]], que foi condenado á morte pola [[Inquisición]] francesa.<ref>[http://www.biographybase.com/biography/Boleyn_Anne.html Anne Boleyn Biography], Biography Base</ref> Apelou á familia real francesa, que salvou a vida de Bourbon como un favor á raíña inglesa. Bourbon referiríase máis tarde a ela como "a raíña que Deus ama". Aínda que avogase pola reforma relixiosa, sobre todo traducindo a [[Biblia]] ao [[Lingua inglesa|inglés]], non desafiou a doutrina Católica de [[transustanciación]]. Ademais, cando o seu marido opúxose á maior parte das reformas doutrinales [[Luteranismo|luteranas]], Ana tivo que ser coidadosa en canto a dirixir a Inglaterra cara ao que a miúdo se chamou "a Nova Aprendizaxe". Era tamén unha xenerosa patrocinadora da caridade, distribuíndo esmolas para axudar aos pobres e fondos a fundacións educativas.
 
Como raíña, presidiu unha corte magnífica. No [[século XVI]] esperábase das Familias Reais que fosen extravagantes, a fin de comunicar a forza da monarquía. Ana gastou sumas enormes en vestidos, xoias, toucados, abanicos de pluma de avestruz, equipamento de montura, e a tapizaría e mobiliario máis fino procedente de todo o mundo. Numerosos palacios foron renovados para satisfacer os seus gustos extravagantes.<ref> Ives, pp. 231–260.</ref>
217.180

edicións