Espírito Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
Nas Igrexas ortodoxas a vida cristiá é, ante todo, unha vida no Espírito. Isto desenvolveuse en maior grao que no catolicismo, onde se veu insistindo máis no cumprimento de preceptos morais en orde a gañar a [[Vida Eterna]]. Na ortodoxia, xa dende autores medievais como [[Nicolás Cabasilas]] ou [[Gregorio Palamas]] ten un papel central a recepción das ''enerxías divinas'' a través da oración do corazón. Elas son expresión da acción do Espírito que nos fai vivir, xa neste mundo, a divinohumanidade como manifestación do don gratuíto da salvación.
 
Para o protestantismo, dende o propio [[MartínMartiño Lutero]], o gran don do Espírito é a Fe en Xesús. Ela soa, por pura [[Graza]], regálanos a salvación sen necesidade das boas obras e sen mediación eclesial a través do falso sacramento da orde sacerdotal. A xustificación pola Fe será a afirmación central que o leve a romper con Roma e dar comezo á [[Reforma]].
 
=== Teoloxía contemporánea ===