Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 92:
[[Ficheiro:Christian III of Denmark.jpg|miniatura|Cristián III de Dinamarca, rei que introduciu o [[Luteranismo]] en Noruega.]]
[[Ficheiro:Norske Selskab Eilif Peterssen.jpg|miniatura|"Unha tarde na Sociedade Norueguesa" de Eilif Peterssen ([[1814]]), agrupación que fomentou en gran medida o nacionalismo noruegués.]]
Trala rotura da [[Unión de Kalmar]], Noruega mantívose unida a Dinamarca. En [[1536]] Cristián III converteuse en rei de Dinamarca tras unha cruenta guerra civil. En Noruega había certa oposición a que Cristián asumise como rei, principalmente pola súa relixión [[luteranismo|luterana]] e a súa inimizade co campesiñado. Este rei introduciu en [[1537]] a reforma protestante en Dinamarca, e en [[1539]] en Noruega, tras ser recoñecido como rei polo consello real. Ese mesmo ano o consello foi disolto e o país perdeu a súa independencia política. A nova Igrexa seguía os ensinos de [[MartínMartiño Lutero]] e tiña como líder ao rei, quen expulsou ás comunidades monásticas católicas e apropiouse de todas as propiedades da Igrexa católica, que en Noruega alcanzaban preto do 40% das terras.
 
Noruega foi dividida en cinco provincias principais, e cada unha destas foi subdividida en provincias menores. As provincias eran gobernadas por un ''landsmann'', que no seu maior parte eran aristócratas daneses e só en poucos casos nobres noruegueses. Os ''lendmann'' tiñan a responsabilidade de cobrar impostos e dereitos de [[aduana]], recrutar soldados en situacións de guerra, designar sacerdotes e servir de xuíces nos tribunais superiores. O control sobre estes gobernadores nunca foi o mellor e sucedían casos de [[corrupción]].
Liña 352:
=== Relixión ===
[[Ficheiro:Bryggen (6-2007).jpg|miniatura|Bryggen en [[Bergen]].]]
Dende a [[MartínMartiño Lutero|Reforma Luterana]] en [[1536]], o [[cristianismo]] ten sido a relixión dominante na Noruega. Hoxe, Noruega é unha sociedade [[laicismo|laica]], onde unha certa maioría considérase como non relixiosa. O [[protestantismo]], no entanto, ten tido unha forte influencia sobre a [[cultura]] e a sociedade norueguesa e moitos dos seus valores e tradicións vivas, mesmo entre os non relixiosos.
Así pois o 85,7% da poboación considéranse membros da [[Luteranismo|Igrexa Evanxélica Luterana]]. Outras relixións [[Cristianismo|cristiás]] supoñen preto do 4,5% (incluíndo a [[Igrexa Católica]], igrexas pentecostais (46 944 membros), Metodista e outras). Entre as [[relixión]]s non cristiás, o [[Islam]] é a máis forte, con preto do 2% da poboación, sobre todo debido á inmigración nos últimos anos, ademais a unión ética humana secular supón o 1,5% da poboación. A porcentaxe restante non pertence a ningunha agrupación.