Albrecht Dürer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Sen referencias para "Martiño Lutero", hai algunhas (poucas) referencias a "Martín" como nome galego; cambios estética
Liña 34:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Naceu en [[Núremberg]] e foi o terceiro dunha familia que tivo entre 14 e 15 fillos. Seu pai, Albrecht Dürer o Vello, era un afamado ourive que en 1455 se trasladara a Núremberg dende Ajtós, en [[Hungría]]. O nome alemán "Dürer" deriva do húngaro "Ajtósi". Inicialmente foi "Thürer", que significa fabricante de portas, que é "ajtós" en húngaro (de "ajtó", que quere dicir porta). Unha porta aparece no escudo de armas que a familia conseguiu. Albrecht Dürer o Novo posteriormente cambiou "Türer" por "Dürer", para adaptalo ao dialecto local de Núremberg. Albrecht Dürer o Vello casou con Barbara Holper, a filla do seu mestre, e el mesmo converteuse en mestre en [[1467]].
 
O padriño de Dürer foi Anton Koberger, que deixou a [[ourivaría]] para converterse en impresor e editor no ano do seu nacemento. Rapidamente converteuse no editor máis afamado de [[Alemaña]], chegando a ter 34 prensas de impresión e posuíndo moitas oficinas en Alemaña e o estranxeiro. A súa publicación máis famosa foi o ''Nuremberg Chronicle'', editado en [[1493]] en alemán e en latín. Contiña un número sen precedentes de 1.809 ilustracións xilográficas (con moitos usos repetidos do mesmo bloque) realizadas polo taller Wolgemut. Dürer puido ter traballado nalgunha delas, xa que o proxecto do traballo comezou mentres el estaba con Wolgemut.
Liña 95:
 
== Segunda viaxe a Italia ==
Dürer volveu a viaxar a Italia entre [[1505]] e [[1507]]. En [[Venecia]] coñeceu o gran mestre [[Giovanni Bellini]] e tamén outros artistas, e a Fundación de Comerciantes Alemáns encargoulle unha obra importante: o retablo ''A festa do Rosario'' ([[1506]], [[Museo Nacional de Praga]].<ref name="sur"/> En 1507, volveu a Núremberg, onde comezou un segundo período de inxente produción artística con obras como o retablo para a igrexa dos dominicos de [[Frankfurt]], [[1508]]-[[1509]], destruído nun incendio en [[1729]], a obra da ''Adoración da Trindade'' ([[1508]]-[[1511]], [[Museo de Historia da Arte de Viena|Kunsthistorische Museum]], [[Viena]]), ''[[Adán e Eva (Dürer)|Adán e Eva]]'' (1507, [[Museo do Prado]], [[Madrid]]), retratos e numerosos gravados. Entre os gravados hai dúas versións da ''Paixón'', e outras obras como ''O cabaleiro, a morte e o demo'' ([[1513]]), ''San Xerónimo no seu estudio'' ([[1514]]) e ''A melancolía'' ([[1514]]). Mediante o gravado de liña, Dürer conseguiu crear diferentes gamas de sombras e texturas coas que conseguiu plasmar formas tridimensionais con gran mestría, como se aprecia no seu ''[[Rinoceronte de Dürer|Rinoceronte ]] '', que se converteu nunha icona cultural. Segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na [[historia da arte]]».<ref> {{cita libro|apelido=Clarke|nome=T.H.|ano= 1986|título=The Rhinoceros from Dürer to Stubbs: 1515–1799|localización= Londres|editorial=Sotheby's Publications }}</ref> Nesta época foi acollido pola familia [[Fugger]] e realizou algúns retratos dos seus membros.<ref name="sur">Sureda, Joan (11988) páx. 356</ref>
 
<center><gallery>
Liña 112:
[[Ficheiro:Albrecht Dürer - Head of an Old Man, 1521 - Google Art Project.jpg|miniatura|''Cabeza dun home vello''.]]
 
A arte de Dürer exerceu unha influencia intensa e duradeira na arte occidental, fundamentalmente grazas á masiva circulación dos seus [[gravado|gravados]]s, tanto orixinais coma copias. Xa en vida Dürer gozou de gran fama non só en Centroeuropa, senón tamén nos [[Países Baixos]], [[España]] e [[Italia]], e as súas estampas foron copiadas con frecuencia. Dürer acusou de [[plaxio]] ao italiano [[Marcantonio Raimondi]] por replicar os seus gravados. Posteriormente este conflito resolveuse e Dürer interesouse por adquirir estampas de Raimondi.
 
A produción pictórica de Dürer é máis ben escasa, debido en parte ao tempo que requiría cada obra en deseño e execución. Amais Dürer contou dende data temperá con ilustres clientes, coma [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], o que lle asegurou unha estabilidade económica que lle permitiu concentrarse nos encargos máis ambiciosos. As súas pinturas concentráronse inicialmente nunhas poucas coleccións e igrexas, polo que a rápida difusión da súa arte se debeu ao medio gráfico. Dürer produciu e distribuíu os seus gravados cunha sagaz visión comercial. As imaxes a [[buril]] gravábaas el persoalmente ata o último detalle, cunha técnica extenuante e perfeccionista, e vendíanse a prezos elevados. E paralelamente, Dürer deseñaba decenas de [[xilografía|xilografías]]s, maiormente de tema relixioso, que eran gravadas nos tacos de madeira por entalladores profesionais. Debido ao seu menor custo e a que permitían tiradas maiores, as xilografías eran máis alcanzábeis e chegaban aos obradoiros doutros artistas. Séculos despois, pintores españois coma [[Francisco de Zurbarán|Zurbarán]] e [[Francisco de Goya|Goya]] seguiron delatando a influencia dureriana; de feito o último cadro coñecido de Zurbarán, ''A Virxe co Neno e san Xoaniño'' (1662, [[Museo de Belas Artes de Bilbao]]) inspirouse no gravado ''A Virxe do mono'' que Dürer realizara cara a [[1498]].<ref>[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/durero-alberto/ Durero, Alberto], Enciclopedia online, Museo del Prado.</ref>
 
== Libros publicados ==
En todos os seus traballos teóricos, co fin de comunicar as súas teorías no idioma [[lingua alemá|alemán]] e non en [[Lingua latina|latín]], Dürer utilizou expresións gráficas e usando a lingua vernácula, o idioma comprensible para os artistas e artesáns. Por exemplo, "Schneckenlinie" ("liña en caracol") foi o seu termo para unha forma de espiral. Polo tanto, Dürer contribuíu á expansión da prosa alemá que [[MartiñoMartín Lutero]] comezara coa súa tradución da [[Biblia]].
 
=== ''Os catro libros da Medida'' ===
[[FileFicheiro:Durer face transforms.jpg|miniatura|esquerda|Estudo de Dürer sobre a proporción humana.]]
 
O seu título orixinal é ''Underweysung der Messung, mit dem Zirckelun[d] Richtscheyt, in Linien Ebnen vnnd gantzen Corporen'' (''Os catro libros sobre medición. Instrucións de medición con compás e regra''). 
[[FileFicheiro:Anatomical and geometrical proportions - Albrecht Dürer.png|miniatura|250px|Debuxo para ao seu tratado sobre anatomía.]]
A obra de Dürer de [[xeometría]] divídese do seguinte xeito: O primeiro libro céntrase na xeometría lineal. Construcións xeométricas de Dürer inclúen hélices, concoides e epicicloides. Tamén se basea en Apolonio, e no libelo de [[Johannes Werner]] de [[1522]] "''Super viginti duobus elementis conicis''". O segundo libro móvese acerca das dúas xeometría dimensionais, é dicir, a construción de regulares polígonos. Aquí Dürer favorece os métodos de [[Ptolomeo]] sobre [[Euclides]]. O terceiro libro aplica os principios da xeometría da arquitectura, a [[enxeñaría]] e a [[tipografía]]. En arquitectura Dürer cita a [[Marco Vitruvio|Vitruvio]] mais elabora os seus propios deseños e clásicas columnas. En tipografía, Dürer realiza a construción xeométrica do [[alfabeto latino]], baseándose en precedentes italianos. Non obstante, a súa construción do [[alfabeto gótico]] baséase nunha forma completamente diferente e modular de sistema. O cuarto libro completa a progresión da primeira e segunda parte abranguendo as formas tridimensionais e a construción de poliedros. Nela Dürer analiza os cinco sólidos platónicos, así como os sete sólidos semiregulares de [[Arquímedes]], así coma varios da súa propia invención. En todo isto, Dürer mostra os obxectos coma redes. Por último, Dürer analiza o problema de Delos e pasa á 'construzione legittima', un método de representar un cubo en dúas dimensións a través da perspectiva lineal. Foi en [[Boloña]] onde Dürer aprendeu (posibelmente por [[Luca Pacioli]] ou [[Bramante]]) os principios da perspectiva lineal, e, evidentemente, familiarizouse co "''costruzione legittima''" nunha análise escrita destes principios a cal só se encontran, neste momento, no tratado non publicado de [[Piero della Francesca]]. El tamén estaba familiarizado coa "construción abreviada" como se describe en Alberti e a construción xeométrica das sombras, unha técnica de [[Leonardo da Vinci]]. Inda que Dürer non fixo ningunha innovación nestas áreas, é notábel como a primeira do norte de [[Europa]] para o tratamento das cuestións da representación visual dun xeito científico, e coa comprensión dos principios de Euclides. Amais destas construcións xeométricas, Dürer discute neste último libro de ''Underweysung der Messung'' unha variedade de mecanismos para o debuxo en perspectiva dos modelos e proporciona ilustracións de gravado destes métodos que a miúdo se reproducen nas discusións da perspectiva.
 
Liña 202:
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Albrecht Dürer}}
=== Bibliografía ===
Liña 216:
* {{Cita libro|autor=Giovanni Maria Fara|título= Albrecht Dürer - Originali, copie, derivazioni|editor=Leo S. Olschki|localización=Firenze|ano=2007|id=DVC|ISBN=978-88-222-5641-6}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.all-art.org/durer/durer1-1.html Historia da Arte (en inglés)]
* [http://www.art-drawing.ru/gallery/category/1131-duerer-albrecht Alberto Dürer. Fotos]
Liña 228:
 
{{ORDENAR:Durer, Albrecht}}
 
[[Categoría:Pintores de Alemaña]]
[[Categoría:Personalidades do gravado]]