Diferenzas entre revisións de «A Pobra do Caramiñal»

m
Tamén dentro do núcleo urbano, próxima á praia do Areal, consérvase o Pazo ou [[Torre de Bermúdez]], unha orixinal casa nobre renacentista e plateresca do [[século XVI]], deseñada por Rodrigo Gil de Ontañón e declarada Monumento Histórico-Artístico en 1976. En maio de 1987 rematou a súa restauración e inaugurouse como [[Casa Museo Valle-Inclán]], a cuxos antepasados pertenceu. Contén tamén a Casa de Cultura, con sala de exposicións, auditorio e biblioteca.
 
Sen se afastar moito da poboación, sobre un outeiro, álzanse as soberbias Torres de Xunqueiras, no [[O Xobre ou O Maño, A Pobra do Caramiñal|Xobre]], que conservan o nome dos seus primeiros señores. Fernán Martín de Xunqueiras fora no [[século XIII]] o fundador desta liñaxe, que exerceu durante séculos o señorío sobre a vila do Caramiñal. Un descendente dos Xunqueiras casou coa filla do famoso político [[Paio Gómez de Soutomaior]], embaixador de [[Henrique III de Castela|Henrique III]] ante o Gran [[Tamerlán]] de Hungría. O pazo pasou, para rematar, aos condes de Camarasa, quen o posuíron ata o seu alleamento a finais do século XIX. Accédese a el por unha longa avenida de [[falsoPlátano plátanooriental|plátanos orientais]]. O edificio foi levantado no século XV sobre a primitiva torre medieval e sufriu algunhas reformas en séculos posteriores. Na actualidade conserva un robusto corpo cunha sólida torre cara ao sur e, no lado oposto, un balcón esquinal, así como varias pedras de armas. En [[1981]] a Torre de Xunqueiras foi declarada Monumento Histórico-Artístico.
 
[[Ficheiro:Valle-Inclán.JPG|miniatura|200px|dereita|Estatua de Valle-Inclán, obra de Gonzalo Sánchez Mendizábal.]]
Usuario anónimo