Diferenzas entre revisións de «Charles Lucien Bonaparte»

m
En [[1824]] Bonaparte intentou que o entón descoñecido [[John James Audubon]] fose aceptado pola Academia de Ciencias Naturais, pero non o foi pola oposición do ornitólogo [[George Ord]]. A finais de [[1826]] Bonaparte e a súa familia regresaron a Europa. Viaxou a [[Alemaña]], onde coñeceu a [[Philipp Jakob Cretzschmar]], e a [[Inglaterra]], onde coñeceu a [[John Edward Gray]], no [[Museo Británico]], e renovou a súa amizade con Audubon.
 
[[Ficheiro:ZenaideJacques-Louis David - Portrait of the Sisters Zénaïde and Charlotte Bonaparte p1000603.jpg|thumb|Carlota e Zenaida Bonaparte, retrato pintado por [[Jacques-Louis David]] en 1821.]]
 
En [[1828]] instalouse en [[Roma]] coa súa familia. Entre [[1832]] e [[1841]] Bonaparte publicou a súa obra sobre os animais de Italia, ''Iconografia della Fauna Italica''. Exiliouse en [[1849]] a causa da súa implicación nun movemento pronacionalista, e morreu en [[París]].
9

edicións