Diferenzas entre revisións de «Pazo de Rubiáns»

 
== Xardinaxe ==
O primeiro [[xardín]] do pazo data de finais do [[século XVII]] nas contornas do edificio, incluído o encoro das ras. Porén o axardinamento principal data do [[século XVIII]] e continuou nos séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], coa introdución de innumerábeis especies exóticas como [[camelia]]s, [[eucalipto azul|eucaliptos]], [[canforeira]]ess, [[araucaria]]s, [[magnolia]]s, [[cedro de California|cedros de California]], [[criptomeria]]s...e autóctonas: como [[freixo]]s, [[carballo común|carballos]], [[sobreira]]s, etc.
 
Salienta o número de variedades de [[Camelia do Xapón|camelias]] que posúe (oitocentas variedades), de feito o pazo inclúese na ruta da Camelia e Galicia<ref>[http://www.turgalicia.es/camelias-medievales-pazo-de-rubians?langId=gl_ES Ruta da Camelia en Turgalicia]</ref>. Dolores Urcola Zuloaga, señora do pazo no século XX, foi a responsábel da conservación do xardín e do gran número de exemplares de camelia que hai. Paloma Rey Fernández-Latorre, actual Señora de Rubiáns, traballa hoxe en día pola conservación e recuperación da propiedade.
Usuario anónimo