Universo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 161:
O universo ''observable'' (ou ''visible''), que consiste en toda a materia e enerxía que podía habernos afectado desde o ''Big Bang'' dada a limitación da [[velocidade da luz]], é certamente finito. A [[distancia comóvil]] ao extremo do universo visible rolda os 46.500 millóns de anos luz en todas as direccións desde a Terra. Así, o universo visible pódese considerar como unha esfera perfecta coa Terra no centro, e un diámetro duns 93.000 millóns de anos luz.<ref>{{cita web | apelidos = Lineweaver | nome = Charles | coautores = Tamara M. Davis | ano = 2005 | url = http://www.sciam.com/article.cfm?articleID=0009F0CA-C523-1213-852383414B7F0147&pageNumber=5&catID=2 | título = Misconceptions about the Big Bang | editor = [[Scientific American]] | dataacceso = 5 de marzo de 2007 | lingua = inglés}}</ref>Hai que notar que moitas fontes publicaron unha ampla variedade de cifras incorrectas para o tamaño do universo visible: desde 13.700 ata 180.000 millóns de anos luz. ''(Véxase [[universo observable]])''.
 
No Universo as distancias que separan os astros son tan grandes que, sise quixeramos expresala en metros, teriamos que utilizar cifras moi grandes. Debido a iso, utilízase como unidade de lonxitude o [[ano luz]], que corresponde á distancia que percorre a luz nun ano.
 
Hoxe en día, o modelo de universo máis comunmente aceptado é o proposto por [[Albert Einstein]] na súa [[Relatividade Xeral]], na que propón un universo "finito pero ilimitado", é dicir, que malia ter un volume medible non ten límites, de forma análoga á superficie dunha esfera, que é medible pero ilimitada.