Diferenzas entre revisións de «Guindeira»

A [[árbore]], máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As [[folla]]s son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os [[froito]]s encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.
 
<noinclude></noinclude>== Historia ==
As cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de ''Prunus cerasus'' e a dubidosamente dispar especie ''P. acida'', natural do [[Mar Caspio]] e o [[Mar Negro]]. Coñecidas polos gregos no [[300 a. C.]], tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na [[Gran Bretaña]] moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de [[Henrique VIII]], no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a [[Massachusetts]] plantaron a primeira variedade de guindeira en [[América do Norte]], a ''Kentish Red''.
 
Antes da [[Segunda Guerra Mundial]] existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades ''Kentish Red'', ''Amarelles'', ''Griottes'' e ''Flemish'', só é vendida a xenérica ''Morello'' na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.
 
En [[Galicia]] é tradicional o [[licor de guindas]].
 
== Cultivo ==
Usuario anónimo