Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
O {{data|1|6|1913}}, un día despois da sinatura do tratado de Londres e 16 días antes do ataque búlgaro, serbios e gregos asinaron un acordo militar secreto confirmando que a liña de demarcación entre as súa zonas de ocupación se convertería na fronteira entre os dous países. O acordo prevía igualmente a formación dunha alianza en caso de agresión búlgara ou austrohúngara. Nas negociacións, Serbia non menciona as causas da súa disputa con Bulgaria, en particular o acordo sobre a fronteira no norte de Macedonia. Con este acordo, Serbia acertou en implicar a Grecia na cuestión da fronteira en Macedonia, porque iso lle garantía a zona de ocupación actual serbia.<ref name="Ref-1">[http://cnparm.home.texas.net/Wars/BalkanCrises/BalkanCrises02.htm Crises balcánicas]</ref> Bulgaria, nunha tentativa de entorpecer a aproximación serbo-grega, asinou un protocolo con Grecia confirmando unha liña de demarcación permanente entre as súas forzas respectivas recoñecendo oficiosamente o control grego do sur de Macedonia. Pero a rotura deste acordo poría fin a esta diplomacia antiserbia.
 
Outro punto de fricción era o rexeitamento búlgaro de ceder [[Silistra]] a [[Romanía]], como prevía antes da guerra, a cambio da neutralidade romanesa. Cando Romanía, despois da primeira guerra balcánica, pediu a cidade, Bulgaria ofreceulle pequenas modificacións da fronteira que non incluían Silistra nin garantías sobre os dereitos dos [[Valaquia|valacos]] en Macedonia. Romanía ameazou con recuperar este territorio pola forza, pero unha proposición rusa de arbitraxe impediu as hostilidades. No protocolo de [[San Petersburgo]] do {{data|8|5|1913}}, Bulgaria aceptou ceder Silistra, pero non a [[Dobruxa|Dobruxa do Sur]]. Baixo presión rusa, Romanía aceptou. O acordo final era un compromiso entre as reivindicacións romanesas sobre Dobruxa e o rexeitamento búlgaro a aceptar ningunha transferencia significativa. O feito de que Rusia non protexera a integridade territorial de Bulgaria fixo que os búlgaros perderan confianza nun resultado favorábel das arbitraxes rusas concernentes á zona de ocupación disputada cos serbios.<ref name="Hall117Hall97">Hall (2000), páx. 97</ref> O comportamento de Bulgaria tivo así mesmo consecuencias a longo prazo sobre as relacións ruso-bálgaras porque Bulgaria rexeitou calquera compromiso sobre o acordo de preguerra con respecto á fronteira con Serbia. Isto conduciu finalmente a Rusia a poñer fin á súa alianza con Bulgaria, resultando inevitábel unha confrontación con Romanía e Serbia.
 
== Os plans búlgaros ==
Liña 46:
[[Ficheiro:2nd-balkan-war-bulgarian-plan.JPG|miniatura|Mapa das operacións iniciais previstas do exército búlgaro.]]
 
Como as escaramuzas continuaban en Macedonia, principalmente entre tropas búlgaras e serbias, o tsar [[Nicolás II de Rusia]] tratou de evitar que o conflito fose coñecido porque non desexaba perder a ningún dos seus aliados [[eslavo]]s nos Balcánse. O 8 de xuño enviou unha mensaxe idéntica aos reis de Bulgaria e de Serbia, ofrecendo a súa mediación sobre as disposicións do tratado de 1912 entre os dous países. Serbia pedía unha revisión do tratado porque perdera o norte de Albania debido a vontade das grandes potencias de crear o estado albanés, que foi acordada segundo o tratado. A resposta búlgara contiña tales condicións que parecía un [[ultimato]],<ref name="Crampton62">Crampton (1987) {{Cita libro|lingua= inglés |nome1= Richard |apelido1= Crampton |título= A short history of modern Bulgaria|ligazón-editor= Cambridge University Press |editor= Cambridge University Press |lugar= Cambridge |ano= 1987 |isbn= 978-0-521-27323-7 }}</ref> o que leva aos diplomáticos rusos a pensar que Bulgaria xa decidira entrar en guerra con Serbia. Isto levou a Rusia a cancelar a súa iniciativa de arbitraxe e a renunciar á súa alianza con Bulgaria. As palabras exactas de Serguei Sazonov a Stoyan Danev foron "Non esperen nada de nós e esquezan a existencia de todos os nosos acordos desde 1902".<ref name="Hall117Hall104">Hall (2000), páx. 104</ref>. Cando Serbia e Grecia propuxeron que os tres países reduciran os seus exércitos nunha cuarta parte para facilitar unha solución pacífica, Bulgaria rexeitou a idea.
 
Bulgaria estaba xa encamiñada á guerra porque o xefe do goberno, Ivan Evstratiev Geshov, foi substituído polo partidario da liña dure e xefe do partido rusófilo Stoyan Danev. O 16 de xuño as tropas búlgaras lanzaron un ataque sorpresa simultaneamente contra as posicións serbias e gregas sen declaración de guerra. O obxectivo búlgaro era desfacer as forzas serbias e gregas e ocupar o máximo de territorio posíbel antes de que as grandes potencias interviñeran para poñer fin ás hostilidades.
Liña 89:
O 26 de xuño, o exército búlgaro recibiu a orde de atacar e de avanzar cara a[[Salónica]]. Os gregos paráronos e lanzaron un contraataque desde o 29 de xuño. En Kilkís, os búlgaros construíran fortes defensas equipadas de canóns otománs capturados, que permitían bombardear a cahira, abaixo.
 
As 2ª, 4ª e 5ª divisións gregas atacaron na chaira e sufriron fortes perdas pero lograron establecer unha liña de trincheiras. No flanco esquerdo dos búlgaros, a 7ª división tomou Serres e as 1ª e 6ª, Lachanas. A destrución do 2º exército foi o máis grande desastre militar búlgaro da guerra.<ref name="HallHall113">Hall (2000), páx. 113.</ref> No flanco dereito, os [[Evzones]] capturaron Gevgelija e as alturas de Matsikovo ameazaban o camiño de retirada dos búlgaros cara ao lago Dojran, e pouco faltou para transformarse en desbandada. Os gregos apoderáronse de Dojran o 5 de xullo pero non puideron cortar a retirada dos búlgaros a través do Strymon. O 11 de xullo, os gregos alcanzaron as liñas serbias e avanzaron até as [[gargantas de Kresna]], onde as tropas gregas, esgotadas, deberon deterse.
 
== Batallas de Bregalnica e de Kalimanci ==
Liña 97:
 
== Batalla de Kresna e armisticio ==
Mentres que a fronte serbia permanecía estática, o rei Constantino, vendo que o exército búlgaro xa fora batido ordenou ao exército grego reemprender o seu avance para tomar a capital búlgara, Sofía. Quería unha vitoria decisiva nesta guerra a pesar das obxeccións do seu primeiro ministro [[Eleftherios Venizelos]], que se deu de conta de que os serbios completaran os seus obxectivos territoriais e trataban de facer soportar o peso da guerra a Grecia mentres eles permanecían pasivos. Nas gargantas de Kresna ([[Batalla de Kresna]]), os gregos caeron nunha emboscade dos 2º e 1º exércitos búlgaros chegados de reforzo desde a fronte serbia. O 8 de xullo, os gregos foron esmagados polo contraataque búlgaro que os tentaba rodear.<ref name="HallHall121">{{Cita libro|lingua= inglés |nome1= Richard |apelido1= Hall |lien auteur1=|título= The Balkan Wars, 1912-1913: Prelude of the First World War |sous-titre=|lien titre=|numéro d'édition=|ligazón editor= Routledge |editor= Routledge |localidade= Londres |ano= 2000 |tome=|volume=|pages totales=|isbn= 978-0-415-22946-3 |passage= 121 |lire en ligne=|consulté le=}}</ref>. Porén, resistiron e foron capaces de lanzar contraataques locais. Despois de fracasar empregando todas as súas forzas dispoñíbeis, Bulgaria contentouse con defender a súa liña de fronte contra as ofensivas gregas.<ref name="Price">Price, Crawford (1914): ''The Balkan cockpit''. T. Werner Laurie LTD.</ref>. O rei Constantino deuse de conta da inutilidade destes asaltos e, cando lle chegaron as informacións acerca da inminente caída de Sofía en mans do exército romanés, aceptou a proposta de armisticio de Bulgaria.
 
Os búlgaros, co exército romanés ás portas de Sofía pediron unha mediación rusa. Os otománs, que invadiran a Tracia oriental o 12 de xullo e retomaran Adrianopolis sen resistencia real búlgara non parecían dispostos a deterse. Para parar esta ofensiva, Rusia ameazou atacar ao Imperio otomán no [[Cáucaso]] e enviou a [[Flota do mar Negro]] a Constantinopla, o que provocou unha intervención británica.