Isoglosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Galego
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Portugués
Liña 8:
* pero a isoglosa da existencia da [[gheada]] é interna de [[Galicia]] (en diagonal) excluíndo (horizontal) a [[Portugal]], ademais de propia do [[castelán]] (verde escuro e vermello fronte ó resto);
* mentres que a isoglosa do [[seseo]] (existencia dunha realización [[fricativa interdental xorda]] como fonema, o "z") é interna dentro de [[Galicia]] (en diagonal) incluíndo a [[Portugal]] (verde escuro e marrón fronte ó resto);
* así como hai isoglosas entre [[Portugal]] e toda [[Galicia]] e [[Castela]] (o verde escuro fronte a marrón e mais azul: existencia de sibilante sonora, o "z" [[Lingua portuguesa|portugués]], ou da [[fricativa palatal sonora]], o "j" [[Lingua portuguesa|portugués]]);
* ou tamén isoglosas dentro de [[Portugal]] incluíndo [[Galicia]] (entre o marrón e o azul: existencia do fonema con articulación [[africada palatal xorda]], o "ch", ou a [[ditonto|ditongación]] de "ferreiro").
 
Como se ve, as isoglosas poden concentrarse en determinadas rexións ou aparecer illadamente: no primeiro caso chámanse fronteiras lingüísticas constitutivas e no segundo substitutivas ou consecutivas. As fronteiras das [[linguas románicas]] na [[Península Ibérica]] son constitutivas na súa parte [[setentrional]] ([[Lingua galega|galego]] e [[asturiano]], [[asturiano]] e [[castelán]] ou [[castelán]] e [[aragonés]]) e substitutivas na súa parte [[meridional]] ([[Lingua portuguesa|portugués]] e [[castelán]]. Isto pasa tamén na fronteira entre as linguas iberorromances e a Galorromania, pois tamén se dá así entre o [[aragonés]] e o [[catalán]] no norte ou [[castelán]] e [[catalán]] en [[Valencia]] no sur.