Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 2:
[[Ficheiro:Ribadeo, Torre dos Moreno.JPG|miniatura|250px|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España), fachada SO.]]
A '''torre dos Moreno''' é unha [[casa de indianos]] situada en [[Ribadeo]], na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por [[Pedro e Juan Moreno|Pedro e Juan Moreno Ulloa]] en 1915 e deseñada polo [[arquitecto]] [[Julián García Núñez]] e o [[enxeñaría|enxeñeiro]] [[Ángel Ardex]]. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo [[modernismo|modernista]], cimentado sobre unha estrutura mixta de [[formigón]] e [[ferro]].
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|miniatura|esquerda|Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, ''[[Bandera Católica]]'' ([[1 de setembro]] de [[1916]]).]]
Conta con diversos adornos, como [[alicatado]]s, [[mármore]]s, [[vidreira]]s, [[greca]]s, tellado con [[Tella (construción)| tella]]s de [[porcelana]] (cerámica vidrada) de cor vermella ou [[pilastra]]s. A [[cúpula]] da torre principal está mantida por catro [[cariátide]]s. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando [[SIXPAC]]) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.