Diego Xelmírez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.38.43.234 (conversa); cambiado á última versión feita por Shyde
m Alma mater -> Alma máter; cambios estética
Liña 24:
|lugar de pasamento = ?
 
|alma matermáter = [[Escola Catedralicia de Compostela]]
|escudo =
|lema =
Liña 32:
'''Diego Xelmírez''' foi [[bispo]] de [[Santiago de Compostela|Compostela]] de [[1101]] a [[1136]], e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do [[26 de febreiro]] de [[1120]]. É unha das personalidades fundamentais da [[historia de Galiza]].
 
== Traxectoria ==
A súa data e lugar de nacemento non se coñecen, pero parece que naceu en Santiago entre [[1068]] e [[1070]] (Briggs: páx. 43), aínda que a tradición sitúa o seu lugar de nacemento en [[Catoira]], posiblemente porque seu pai, [[Xelmirio]], era o custodio das [[torres do Oeste]]. Educouse na [[Escola Catedralicia de Compostela]] e máis tarde na corte de [[Afonso VI]]. De volta a Compostela traballou na chancelería do bispo [[Diego Páez]]. No ano [[1092]], o conde [[Raimundo de Borgoña]] nomeouno o seu notario e secretario e, no ano [[1093]], administrador do ''honor'' da sé compostelá, cargo que exerceu con acerto até que foi elixido bispo [[Dalmacio]] no ano [[1094]]. Á morte deste, no ano [[1095]], o clero solicitou ao rei que Xelmírez volvese ao posto de administrador, cousa que fixo en canto a sé estivo vacante. No ano [[1099]] o novo papa [[Pascual II]] autorizou a elección dun novo bispo. Deste xeito, no tempo en que Xelmírez estaba en peregrinación cara a Roma e foi ordenado diácono polo propio Papa, foi tamén elixido bispo o [[1 de xullo]] de [[1100]]. A consagración tivo lugar o 21 de abril de [[1101]].
 
=== [[Roma]] e Santiago ===
[[Ficheiro:Galician-Didacus Gelmiri.jpg|miniatura|300px|esquerda|Miniatura medieval do mosteiro de Toxos Outos onde se representa a Diego Xelmírez ordenando a dous novos cabaleiros en compaña dunha comitiva de aristócratas. Século XIII.]]
Superados os receos da autoproclamación de Santiago como [[Sé Apostólica]] en tempos de [[Cresconio]], Xelmírez acada un fecundo entendemento con Roma. Para iso desprega un labor diplomático sen precedentes que inclúe a súa viaxe persoal ao centro da cristiandade occidental.
Liña 47:
Xelmirez convocou e presidiu no ano [[1124]] unha reunión dos bispos dos territorios cristiáns peninsulares para tratar de superar as dificultades que atravesaba o reino a través da predicación da paz e a aplicación da tregua de Deus, e establecendo unha paridade nos beneficios que obtería un morto na loita contra os ''"violadores da paz"'' (mouros), a remisión dos pecados, a imaxe dos mortos na viaxe a [[Xerusalén]], as [[Cruzadas]]. Este xeito de entender a separación cos ''"infieis ismaelitas"'' e común en toda Europa e establece unha fronteira relixiosa entre os reinos cristiáns, dos que varios conforman o Reino de España (seguindo a Historia Compostelá) e os demais reinos europeos.
 
=== Defensa de [[Afonso VII]] ===
Tralo encarceramento do rei [[García de Galicia]], [[Afonso VI]] de León cedeu o [[Reino de Galicia]] ao conde [[Raimundo de Borgoña]], casado coa súa filla [[Urraca de León e Castela|Urraca]]. Fillo de ambos era Afonso Raimúndez a quen o testamento do rei garantía os dereitos sobre Galicia no caso de que Urraca, xa viúva, volvera a casar. Non debe esquecerse que Afonso Raimúndez era sobriño do Papa Calisto II.
 
Urraca casou con [[Afonso o Batallador]] de Navarra e Aragón, que se fixo dono de Castela e León. Ante esta situación, o líder da nobreza galega [[Pedro Froilaz de Traba]] apoiou os dereitos do fillo de Urraca, Afonso, e Xelmírez nun primeiro momento aliouse co inimigo dos [[Casa de Traba|Traba]], [[Airas Pérez]] aliado de Urraca, pero no transcurso do 1110 Xelmírez achegouse ao de Traba e o [[17 de setembro]] de [[1111]] Xelmírez na presenza de Pedro de Traba corou como rei de Galicia ao neno [[Afonso Reimundez]] co fin de garantir os seus dereitos sucesorios e manter independente a Galicia do dominio navarro-aragonés.
 
O conflito dexenerou en guerra aberta onde os exércitos de Xelmírez e o conde de Traba pugnaron por manter a Galicia fora da órbita de Afonso o Batallador. As desavinzas de Urraca co seu novo home acabaron levando á raíña leonesa a congraciarse con Xelmírez e respectar os dereitos do seu fillo Afonso, que acabaría sendo Afonso VII de León e Castela.
Liña 56:
Tras a súa coroación Afonso VII nomeou a Xelmírez capelán e chanceler reais e seguiu contando co apoio económico e político do arcebispo compostelán para o seu proxecto imperial.
 
=== Reorganización do Señorío das Terras de Santiago ===
[[Ficheiro:Santiago GDFL050914 036.jpg|miniatura||Arco do pazo pertencente ao coñecido como Pazo de Xelmírez, pese a seren posteriores a el, posiblemente de tempos de [[Xoán Arias]], e que unen varias estancias do mesmo permitindo o paso por baixo deles.]]
 
Liña 79:
{{End box}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Diego Xelmírez'', Gordon Biggs, [[Edicións Xerais]], ([[1983]]) ISBN 84-7507-100-7.
 
=== Outros artigos ===
* ''[[A romaría de Xelmírez]]''
 
{{ORDENAR:Xelmirez, Diego}}
 
[[Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria]]
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]