Armando Cotarelo Valledor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Armando Cotarelo Valledor, sinatura.jpg
m Alma mater -> Alma máter; cambios estética
Liña 23:
|obras =
|influencias =
|alma_materalma_máter =
|estudos =
|ocupación =
Liña 37:
'''Armando Cotarelo Valledor''', nado na [[A Veiga, Asturias|Veiga]], [[Terra Eo-Navia]], o [[22 de decembro]] de [[1879]] e finado en [[Madrid]] o [[8 de decembro]] do ano [[1950]], foi un escritor galego. Dedicóuselle o [[Día das Letras Galegas]] de [[1984]].
 
== Traxectoria ==
Era fillo do erudito [[Emilio Cotarelo Mori]]. Estudou Filosofía e Letras en [[Madrid]], doutorándose en [[1904]] cunha tese sobre a [[literatura galega medieval]]. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde chegou a ser vicerreitor e decano. Casou coa compostelá María Botana Sieiro.
 
Liña 50:
Estudou a [[literatura galega medieval]], sendo un dos precursores en Galicia neste aspecto. Se ben os seus estudos teñen unha sólida formación e documentación histórica, o seu criterio filolóxico e estudo literario é máis feble<ref>Introdución de [[Henrique Monteagudo]] en COTARELO VALLEDOR, A.: ''Cancionero de Payo Gómez Chariño''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1984.</ref>.
 
== Obra ==
=== Teatro ===
No eido do [[teatro]] foi continuador da liña ruralista. Abrangue o [[drama]] rural (''Trebón'', ''O lubicán'') e de ambiente mariñeiro (''Beiramar'', ''Mourenza''); a [[comedia]] sentimental (''Sinxebra'') e a [[traxedia]] histórica (''Hostia''). Agás ''Mourenza'' (estreada en Madrid en 1932) e ''Hostia'', todas as pezas foron estreadas en Santiago de Compostela polo Cadro Dramático da Universidade con dirección do propio autor.
 
* ''Trebón'' (1922).
* ''Sinxebra'' (1923; bilingüe).
* ''[[O lubicán]]'' ([[1924]]). Estreada con [[Fermín Bouza Brey]] e [[Olimpia Valencia]] nos papeis principais.
* ''Hostia'' (1926).
* ''Beiramar'' (1931).
* ''Mourenza'' (1931; bilingüe). Estreada en Madrid en 1932.
* ''Ultreya'', libreto de [[ópera]] (1935; bilingüe).
* ''Érase una vez un rey...'' (en castelán, inédita ata 1992)
 
=== Narrativa ===
* ''Palladys Tyrones'' (1919) (parte II da triloxía ''Memorias de un escolar de antaño 1808-1809''. En castelán.)
* ''La enseña radía'' (1921) (parte I da triloxía ''Memorias de un escolar de antaño 1808-1809''. En castelán.)
* ''El Pazo'' (1923). Novela bilingüe.
* ''Contos de Nadal colleitos do pobo'' (1927). Relatos curtos. Literatura popular.
 
=== Poesía ===
* ''Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo'' (1931).
 
=== Ensaio ===
* ''Biografía del doctor D. Francisco Codera'' (Madrid, 1898).
* ''La Exposición Rosales'' (Madrid, 1902).
* ''Fray Diego'' (Madrid, 1902).
* ''Una cantiga célebre del rey Sabio: fuentes y desarrollo de la leyenda de Sor Beatriz, principalmente de la literatura española'' (Madrid, 1904).
* ''La belleza femenina en las obras de [[Miguel de Cervantes|Cervantes]]'' (Santiago de Compostela, 1905).
* ''Don [[Melendo García de Valdés]], XX Obispo de Osma (1210-1225'') (Santiago de Compostela, 1908).
* ''El teatro de Cervantes. estudio crítico'' (Madrid, 1915). Premio «Alba» da RAE en 1912.
* ''Vida militar, política y literaria de [[Afonso III o Magno|Alfonso III el Magno]]'' (Madrid, 1916).
* ''Los cristianos españoles ante la invasión musulmana. 711-716'' (Santiago de Compostela, 1919).
* ''Argonautas gallegos. 1519-1522'' (Santiago de Compostela, 1920).
* ''[[Paio Gómez Chariño|Payo Gómez Chariño]], Almirante y Poeta'' (1929; texto de ingreso na RAE).
* ''Los hermanos Eáns Mariño, poetas gallegos del S. XIII'' (Madrid, 1933).
* ''Historia crítica y documentada de Alfonso III, el Magno, último rey de Asturias'' (Madrid, 1933).
* "Encol do nome de [[Martín Codax|Martín Códax]]" (1933; artigo na revista ''[[Revista Nós|Nós]]'' nº 109).
* ''Cancionero de Payo Gómez Chariño'' (Madrid, 1934).
* ''El Seminario de Educación de la Vega de Ribadeo, hoy Vegadeo, y su Fundador, D. Jacinto Valledor y Presno, Obispo de Osma'' (Madrid, 1950).
* "La poesía del mar en el [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancionero de la Vaticana]]" (1970; artigo na revista ''[[Grial (revista)|Grial]]'' nº 30).
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', T. 3, [[Ir Indo Edicións]], 2011, [[Vigo]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/27650 Real Academia Galega]
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ArmCotar Ficha autor na BVG]
 
{{Start box}}
Liña 106:
{{End box}}
 
{{Sucesión | título =[[Día das Letras Galegas]] | período =[[1984]]<br>[[Armando Cotarelo Valledor]] | predecesor = [[ Manuel Leiras Pulpeiro]]| sucesor =[[Antón Losada Diéguez]]}}
 
{{Día das letras galegas 1976-2000}}