Aquilino Iglesia Alvariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Alma mater -> Alma máter; cambios estética
Liña 23:
|obras =
|influencias =
|alma_materalma_máter =
|estudos =
|ocupación =
Liña 37:
'''Aquilino Iglesia Alvariño''', nado en [[Seivane de Vilarente, Abadín|Seivane de Vilarente]] ([[Abadín]]) o [[12 de xuño]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/06/10/0003_7775558.htm "O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario"], artigo de Ramón Loureiro en ''La Voz de Galicia'', 10 de xuño de 2009.</ref> de [[1909]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[29 de xullo]] de [[1961]], foi un poeta en [[lingua galega]]. No ano [[1986]] adicóuselle o [[Día das Letras Galegas]].
 
== Traxectoria ==
Formouse no [[Seminario de Mondoñedo]], e despois cursou a licenciatura de Filosofía e Letras pola [[Universidade de Santiago]]. Foi catedrático de [[lingua latina|latín]] de Ensino Medio<ref>[http://elprogreso.galiciae.com/nova/33326.html "Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño"], artigo en ''El Progreso'', 11 de xuño de 2009.</ref> e responsábel desta materia en institutos de [[Lugo]] e [[Pontevedra]] e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
 
Liña 46:
En [[1947]] aparece ''Cómaros Verdes'', considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en [[lingua galega]] tras a [[Guerra Civil Española|Guerra]], no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a [[saudade]] é un tema fundamental, mesturando [[hilozoísmo]], [[neotrobadorismo]] e clasicismo formal. En ''Día a Día'' ([[1960]]) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con ''Lanza de Soledá'' ([[1961]]) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén ''Nenias'', poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende [[Catulo]] ata [[Rosalía de Castro]]. Postumamente editouse ''Leva o seu cantare'' ([[1963]]), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.
 
== Obras ==
=== Poesía ===
* ''Señardá'' ([[Lugo]], [[1930]]).
* ''Corazón ao vento'' (Lugo, [[1933]]).
* ''Contra el ángel y la noche'' ([[Buenos Aires]]: Emecé, [[1941]]).
* ''Cómaros verdes'' ([[Vilagarcía de Arousa]]: Celta, [[1947]]).
* ''De día a día'' (Vilagarcía de Arousa: Celta, [[1960]]).
* ''Lanza de soledá'' ([[Ourense]]: Editora Comercial, [[1961]]).
* ''Nenias'' ([[Vigo]]: [[Editorial Galaxia|Galaxia]], 1961).
* ''Leva o seu cantare'' ([[Vilagarcía de Arousa]]: Celta, [[1964]]).
* ''Poesía galega completa'' ([[Vigo]]: [[Xerais]], [[1986]]).
 
=== Traducións ===
* [[Horacio]], ''Carmina'' (Madrid: CSIC, 1950).
* [[Plauto]], ''A comedia da oliña'' ([[Vigo]]: Galaxia, 1962).
 
=== Ensaios ===
* ''Noriega Varela, poeta da montaña'' ([[Vigo]]: Galaxia, 1969).
* ''A lengua dos poetas do Norte de [[Lugo]]'' ([[A Coruña]]: Pubricaciós da [[Real Academia Galega]], 1964).
* ''Lengua e estilo de Cabanillas''. ''Obras completas de Ramón Cabanillas'' ([[Bos Aires]]: Galicia, 1959).
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{cita libro
| autor =Rodríguez, Luciano
Liña 79:
| publicación =Vigo: Xerais
| id = ISBN 978-84-9914-013-1
}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/poesia/seculo_xx/longa_noite_de_pedra/escritores/continuadores/aquilino-iglesia-alvarino.html Aquilino Iglesia en Galiciadixital]
* [http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AquIgles&alias=Aquilino+Iglesia+Alvari%F1o Ficha do autor na BVG]
* [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/i/iglesia_alvarino.htm Aquilino Iglesia Alvariño en Biografías y vidas] {{es}}
* [http://sondepoetas.blogspot.com/2011/01/amor-aquilino-iglesia-alvarino.html ''Amor'', cantado por Batital (2010)]
 
{{Sucesión | título =[[Día das Letras Galegas]] | período =[[1986]]<br>'''{{PAGENAME}}''' | predecesor =[[Antón Losada Diéguez]]| sucesor =[[Francisca Herrera Garrido]]}}
Liña 92:
 
{{ORDENAR:Iglesia Alvariño, Aquilino}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]