Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Smallcaps
m Alma mater -> Alma máter
Liña 24:
Xa en 1903, cando estaba a realizar o [[servizo militar]] en [[Vigo]], comezou a colaborar en revistas e a tomar contacto cos movementos culturais da [[cidade olívica]], moi especialmente co teatro. No ano [[1907]], e por mor do seu labor como director do xornal ''[[El Estradense]]'', pasou por primeira vez na súa vida pola cadea, feito que se volveu a repetir no ano seguinte.
 
Os seus contactos e simpatía cos [[agrarismo|movementos agrarios]] de comezos de século son moi salientábeis así coma cos membros das [[Irmandades da Fala]] e posteriormente co [[Grupo Nós]], moi especialmente co seu grande amigo e soporte cultural [[Ramón Otero Pedrayo]]. Xa a partir do [[1920]], pasou a ser un persoeiro recoñecido nas nosas letras e no [[Galeguismo (política)|galeguismo]], canto máis ao ser un dos “alma mater”máter” do xornal ''[[El Emigrado]]'', que foi o xornal de maior duración da Estrada ata hoxe, e no que colaborou con todo tipo de traballos. Neste último xornal escribía unha sección, baixo o nome de ''Rexoubas'', na que promoveu unha afamada campaña contra o [[caciquismo]].
 
No ano [[1927]] aprobou as oposicións de Mestre Nacional, indo no seu primeiro destino a [[Pepín, Castrelo do Val|Pepín]] ([[Castrelo do Val]], Ourense). O [[Alzamento Nacional|levantamento militar]] supúxolle a suspensión de emprego e soldo, cando xa fora trasladado a unha parroquia da beira ([[San Pedro de Ancorados, A Estrada|San Pedro de Ancorados]]). Este emprego non lle foi xamais restituído en vida.