Abrir o menú principal

Cambios

m
 
== Infancia e ascenso ao trono ==
[[Ficheiro:Louis14Coronation of Louis XIV of France in the Cathédrale Notre-9Dame de Reims in 1654 (Almanach royal).jpg|200px|dereita|miniatura|Coroación de Luís XIV en [[Catedral Notre-Dame de Reims|Reims]], ano [[1654]].]]O nacemento de Luís, en [[Saint-Germain-en-Laye]] no ano [[1638]], foi recibido como un don divino polos seus pais: [[Luís XIII]] e [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]], os cales non tiveran descendencia en vinte e tres anos; por iso foi bautizado como "Louis-Dieudonné" (''Dieudonné'' significa "dado por Deus"); á parte outorgáronselle os títulos de ''premier fils de France'' ("Primeiro Fillo de Francia") ademais do máis tradicional de [[Delfín (título)|''Delfín de Viennois'']]. Luís XIV proviña dun ambiente multicultural xa que os seus avós paternos, [[Henrique IV de Francia]] e [[María de Médicis]], eran navarro e italiana respectivamente e os seus avós maternos, [[Filipe III de España]] e [[Margarida de Austria, Raíña de España|Margarida de Austria]], eran [[Habsburgo]]s, el español e ela austríaca.
 
Luís XIII e Ana tiveron ao seu segundo fillo, Filipe d'Anjou que posteriormente sería Filipe I, Duque de Orleáns no ano [[1640]].
18

edicións