Rinoceronte Editora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Francés
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Inglés
Liña 2:
[[Image:Rinoceronte_logo.jpg|thumb|200px|left|Logo de Rinoceronte Editora]]
==Perfil==
Intentando cubrir algunhas das carencias detectables no mercado do libro en galego, a nova editorial aposta no seu catálogo pola tradución ó galego de autores de referencia da [[literatura universal]] dende as linguas orixinais en que foron escritas. No seu propósito de dar a coñecer en Galicia a obra de novelistas actuais nutriuse fundamentalmente de textos recentes —verdadeiros ''bestsellers'' nalgúns casos— versionados ó galego dende as máis diversas linguas da nosa periferia máis próxima (entre elas o [[húngaro]], o [[finés]], o [[islandés]], o [[hebreo]], o [[italiano]], o [[Lingua inglesa|inglés]] e o [[Lingua francesa|francés]]).
 
Ademais de seleccionar para os lectores galegos obras literarias interesantes de escritores estranxeiros, a idea que move o proxecto editorial é a de producir libros coidados e ben editados a prezos competitivos no mercado. Nalgúns casos coma o de ''[[O Bosque dos Raposos Aforcados]]'' do finlandés [[Arto Paasilinna]], a versión galega é incluso máis barata cá española. Noutros, o seu maior custo —dentro das marxes que permite o mercado— é compensado pola boa tradución e esmerada revisión.