Abrir o menú principal

Cambios

== Mecanismos ==
[[Ficheiro:Cell Differentiation.jpg|400px|miniatura|Mecanismos da diferenciación celular.]]
Cada tipo celular especializado dun organismo [[expresión xénica|expresa]] un subconxunto de todos os xenes do seu xenoma. Cada tipo celular defínese polo seu patrón particular de [[regulación da expresión xénica]]. A diferenciación celular é así unha transición da célula dun tipo a outro e implica un cambio desde un patrón de expresión xénica a outro. A diferenciación celular durante o desenvolvemento pode entenderse como o resultado dunha rede regulatoria de xenes. Un xene regulador e os seus módulos [[elemento regulador en cis|cis-regulatorios]] son nodos nesta rede regulatoria de xenes, que reciben sinais de entrada (''input'') e xeran sinais de saída (''output'') noutras partes da rede.<ref name=DeLeon>{{Cita publicación periódica|autor=DeLeon SBT, |autor2=EH Davidson;|título= Gene regulation: Gene control network in development. '' |revista=Annual Review of Biophysics and Biomolecular Structure '' |volume=36:|páxinas=191-212, |ano=2007 {{Cite |doi|=10.1146/annurev.biophys.35.040405.102002}}</ref> O enfoque que fai a [[bioloxía de sistemas]] á bioloxía do desenvolvemento subliña a importancia de investigar o modo en que interaccionan os mecanismos de desenvolvemento para producir patróns predicibles ([[morfoxénese]]). Porén, propúxose recentemente unha visión alternativa, que está baseada na expresión xénica estocástica, na que a diferenciación celular é o resultado dun proceso de presión [[selección natural|selectiva]] darwiniana que ocorre entre as células. Neste marco, as redes de xenes e proteínas son o resultado de procesos celulares e non a súa causa. Ver: [http://www.scitopics.com/Cellular_Darwinism_stochastic_gene_expression_in_cell_differentiation_and_embryo_development.html darwinismo celular].
 
Xeralmente os procesos celulares conservados evolutivamente implicados nos mecanismos celulares que controlan estes cambios son só duns poucos tipos. Os principais tipos de procesos celulares que controlan a diferenciación celular son a [[sinalización celular]]. Moitas das moléculas sinalizadoras que transmiten información de célula a célula durante o control da diferenciaciónn celular denomínanse [[factor de crecemento|factores de crecemento]]. Aínda que os detalles das vías de [[transdución de sinais]] específicas varían, estas vías a miúdo comparten as seguintes etapas xerais. Un [[ligando]] producido por unha célula únese a un receptor no lado extracelular doutra célula, inducindo un cambio conformacional no receptor. A forma do dominio citoplasmático do receptor cambia, e o receptor adquire unha actividade encimática. O receptor despois cataliza reaccións que [[fosforilación|fosforilan]] outras proteínas, activándoas. Unha fervenza de reaccións de fosforilación activa finalmente un factor de transcrición dormente ou proteína [[citoesqueleto|citoesquelética]], contribuíndo así ao proceso de diferenciación na célula diana.<ref name=Gilbert>{{Cita libro |author=Knisely, Karen; Gilbert, Scott F. |title=Developmental Biology |publisher=Sinauer Associates |location=Sunderland, Mass |year=2009 |page=147 |isbn=0-87893-371-9 |edition=8th}}</ref> As células e os tecidos poden variar en competencia, é dicir, na súa capacidade de responderen a sinais externos.<ref name=Rudel>Rudel and Sommer; The evolution of developmental mechanisms. Developmental Biology 264, 15-37, 2003 Rudel, D.; Sommer, R. J. (2003). "The evolution of developmental mechanisms". Developmental Biology 264 (1): 15–37. doi:10.1016/S0012-1606(03)00353-1. PMID 14623229.</ref>