Quetzalcóatl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
== Historia ==
Os aztecas incorporaron esta deidade coa súa chegada ao [[val de México]], non entanto modificaron o seu [[culto]], eliminando algunhas partes, como a prohibición dos [[Sacrificio humano|sacrificios humanos]]. Especúlase que a orixe desta deidade provén da cultura [[olmeca]], aínda que a súa primeira aparición inequívoca ocorreu en [[TeotihuacánTeotihuacan]]. A cultura teotihuacana dominou durante séculos o planalto mexicano. As súas influencias culturais abarcaron grande parte de Mesoamérica, incluíndo as culturas [[Civilización maia|maia]], [[mixteca]] e [[tolteca]]. Os maias nomearon a Quetzalcóatl como [[Kukulkán]].
 
Quetzalcóatl representa as enerxías telúricas que ascenden, de aí que sexa representado como unha serpe emplumada. Neste sentido, representa a vida, a abundancia da vexetación, o alimento físico e espiritual para o pobo ou o individuo que procura un ascenso espiritual.