Yao Ming: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 242:
== Vida persoal ==
[[Ficheiro:Yao Ming in 2014.jpg|thumb|Yao Ming nunha actividade da súa fundación en 2014.]]
A comezos de [[2007]], unha azueira de [[internet]] dicía que Yao estaba a saír coa actriz estadounidense [[Nia Long]], mais o xogador negouno. Posteriormente casou con Ye Li, baloncestista profesional de China, a quen coñeceu cando tiña 17 anos. A súa primeira aparición pública foi durante a cerimonia de clausura dos [[Xogos Olímpicos de 2004]]. O [[6 de agosto]] de [[2007]], Yao casou con Yi nunha cerimonia na que asistiron unicamente familiares e amigos íntimos. En [[2004]], Yao co-escribiu unha autobiografía con Ric Bucher, analista de [[ESPN]], titulada ''Yao: A Life in Two Worlds'' ("Yao: Unha Vida En Dous Mundos"). Ese mesmo ano tamén se rodou un [[documental]] relacionado con el, ''The Year of the Yao'' ("O Ano de Yao"), no que se centra na súa primeira tempada na NBA. O documental é narrado polo seu amigo e antigo intérprete Colin Pine, quen estivo con Yao no seu ano de novato e fixo de intérprete seu durante tres anos.
|