Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 58:
 
=== NBA ===
[[Ficheiro:Yao Ming (2310503171).jpg|left|thumb|Yao Ming ante os [[Washington Wizards]] en 2006.]]
Yao xogou o seu primeiro partido da NBA ante os [[Indiana Pacers]], onde capturou dous rebotes e non conseguiu anotar ningún punto. A súa primeira canastra na liga chegou no seguinte partido fronte os [[Denver Nuggets]], sendo tamén a súa primeira vitoria. Yao fixo unha media de tan 4 puntos en só 14 minutos nos seus primeiros 7 encontros na NBA, polo que varios comentaristas estadounidenses como Bill Simmons e Dick Vitale predixeron o seu fracaso na liga. [[Charles Barkley]] mesmo se apostou con Kenny Smith que bicaría o traseiro dun [[burro]] se Yao anotaba máis de 19 puntos nun partido no seu [[Tempada 2002-03 da NBA|primeira tempada na NBA]]. O [[17 de novembro]] de [[2002]], o chinés logrou 20 puntos ante [[Os Angeles Lakers]] cun perfecto 9 de 9 en tiros de campo e 2 de 2 en tiros libres, polo que Barkley tivo que cumprir a súa aposta. Postrriormente, consegiu facer grandes actuacións comoo [[21 de novembro]], onde anotou 30 puntos e 16 rebotes ante os [[Dallas Mavericks]] a pesar da derrota dos Rockets, e o [[3 de decembro]] onde chegou até os 27 puntos e 18 rebotes na vitoria fronte a [[San Antonio Spurs]], e 15 días despois onde conseguiu 29 puntos, 10 rebotes e 6 tapóns noutra vitoria ante os Pacers.