Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Nicolas_de_Largillière_003.jpg" por "[[commons:File:Louis_XIV_of_France_and_his_family_attributed_to_Nicolas_de_Largillière.jpg|Louis_XIV_of_France_and_his_family_attributed_
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
En occidente, na [[Idade Media]], os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (de aí a necesidade de [[comadroa]]s e [[parteira]]s). Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque ''"Ecclesia abhorret a sanguine"'' (a Igrexa ten horror ao sangue).<ref>En [[1163]], no [[concilio de Tours]], A Igrexa decreta: ''Ecclesia abhorret a sanguine'' [http://www.web.ordre.medecin.fr/rapport/identiteculturelle.pdf Pratique médicale et identité culturelle], Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005.</ref> Finalmente, un médico non tiña o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles estaban tamén prohibidos. Estes encoméndanse aos [[barbeiro]]s que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiraban os dentes, trataban as feridas e as úlceras, practicaban as incisións dos abscesos, as sangrías etc., despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de ''cirurxián-barbeiro''.
[[Ficheiro:Queen Marie Thérèse and her son the Dauphin of France, dated circa 1663 by Charles Beaubrun.jpg|miniatura|dereita|180px|[[María Tereixa de Austria|María Tareixa de Austria]] e o seu fillo maior Luís, o ''Gand Dauphin''.]]
[[Ficheiro:Louis XIV of France and his family attributed to Nicolas de Largillière.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Luís XIV]] e a súa familia, por Nicolas de Largillière.]]
 
É famoso o caso de [[María Tereixa de Austria|María Tareixa de Austria]] ([[1638]] - [[1683]]), filla de [[Filipe IV de España]] e esposa de [[Luís XIV de Francia]] que tiña un absceso na axila; Antoine Daquin, médico do rei, opúxose a que Dionis, o cirurxián, lle practicase unha incisión e a raíña morreu.<ref>María Teresa morreu bruscamente, o 30 de xullo de 1683, en [[Versalles]], a consecuencia dun tumor benigno na axila do brazo esquerdo mal coidado. O absceso, violáceo e purulento, foi combatido inutilmente cunha sangría e un emplasto húmido, e derivou en septicemia. Véxase: Rorive, Jean Pierre (2005): ''Petites histoires des grands de France''. Jourdan Editeur.</ref>.
 
Máis tarde, en [[1686]], Luís XIV, afectado dunha [[fístula]] anal, vendo que os tratamentos médicos non daban ningún resultado, fixo chamar ao seu cirurxián, un tal Félix Tassy, que o curou, o que permitiu darlle un certo crédito aos cirurxiáns entre os médicos.
Liña 173:
 
Na Europa occidental, a concepción [[teocentrismo|teocentrista]] do [[Universo|cosmos]] propia deste período non estimulaba o coñecemento da orixe física das enfermidades. De feito, aínda que existiron investigacións nese sentido, moitos médicos<ref>"A escura Idade Media; período de decadencia e estancamento; Das Abendland; eclipse da cirurxía; séculos de ignorancia: estas son algunhas das expresións con que os historiadores describiron a medicina medieval, desde a caída do Imperio Romano até o Renacimento. Non é fácil determinar as causas deste estancamento, por non dicir dexeneración, da medicina (en realidade, de todas as manifestacións do pensamento científico ou da práctica empírica). Unha delas foi a influencia de Galeno, a cuxos erros en anatomía e fisioloxía se prestou moita máis atención que á experiencia e ao sentido común. Outra causa de decadencia foi a Igrexa. Cando Europa se dividiu en innumerábeis territorios feudais en guerra case continua, a Igrexa mantívose como único punto de referencia nun mundo inseguro. A organización eclesiástica fortaleceuse e, para afirmar o seu poder sobre as almas, esmagou calquera indicio de oposición ou dúbida en relación co dogma. Como é natural, o escepticismo era común entre os científicos da natureza e os médicos, que vían desmentida tanta perfección polas súas observacións empíricas. O pensamento creativo non estaba precisamente ben visto e, en moitos casos, condenouse e perseguiuse como herexía. A consecuencia foi a volta á medicina relixiosa. Operar tiña pouco sentido, xa que a curación dependía da vontade de Deus. A iso sumáronse a estrita prohibición da autopsia e a falta completa de hixiene. Houbo quen foi santificado só por rezar continuamente e non lavarse nunca". Extraído do libro de Haeger, Knut (1993): ''Historia de la cirugía''. Ed. Raíces. ISBN 84-86115-30-2.
 
San Bernardo declarou que os monxes que tomasen remedios eran culpábeis dunha conduta impropia cara á relixión. O Concilio Laterano (nos comezos do século XIII) prohibiu aos médicos, baixo pena de excluílos da Igrexa, realizar tratamentos médicos sen solicitar consello eclesiástico. O Papa Pío V no só ordenou que todos os médicos, antes de administrar un tratamento debían solicitar "un médico da alma", aducindo que, segundo declara, "o padecemento físico xorde con frecuencia do pecado", senón que ordenou que, se ao cabo de tres días o paciente non realizaba unha confesión a un cura, o médico debería cesar o seu tratamento, so pena de ser privado do seu dereito á práctica, e de expulsión da facultade se fose profesor, e que cada médico e profesor de medicina debería declarar baixo xuramento que el estaba a cumprir estritamente con estas condicións. No século X, Gerbert, coñecido tempo despois coma o Papa Silvestre II, foi sospeitoso unha vez de feitizaría cando mostrou disposición para adoptar métodos científicos; no século XI esta acusación case lle custa a vida a Constantino Africanus cando quixo deter o asedio cara á medicina; no século XIII, deparoulle a Roger Bacon, un dos máis grandes benefactores da humanidade, moitos anos de prisión, e case o leva á fogueira: estes casos son típicos, coma moitos outros. A enorme crenza nas curas mediante os milagres e o fetichismo dentro da Igrexa continuou século tras século, e aquí xace probabelmente a causa principal da hostilidade entre a Igrexa por un lado e a mellor clase de médicos, polo outro; concretamente, no feito de que a Igrexa se considerara en posesión de algo moito mellor que os métodos científicos da medicina. Ao ir prevalecendo esta crenza, desenvolveuse cada vez máis dentro do puro fetichismo, unha veneración cara ás reliquias dos mártires cristiáns. Extraído de: ''La Condena del Cristianismo a la Medicina'', Andrew Dickson White, LL. D. (Yale), L.H.D. (Columbia), PH.DR. (Jena)</ref> afrontaron todo tipo de problemas, non tanto por seguir un método científico que non se definira aínda, senón pola colisión das súas proposicións co [[Paradigma (ciencia)|paradigma]] dominante: a enfermidade era un castigo divino, e a súa curación fundábase no arrepentimento e a penitencia. A vontade de Deus estaba por riba da habilidade do cirurxián, o que acabou por infundir un nihilismo terapéutico pouco resolutivo.