Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Yao Ming)
Liña 52:
=== Draft da NBA ===
Un dos direcotres xerais dos Shanghai Sharks, Li Yaomin, foi o primeiro en animar a Yao a presentarse ao [[Draft da NBA]] de [[1999]]. Li tamén influíu no contrato asinado por Yao con Evergreen Sports Inc. para converterse no seu axente. No acordo estabelecíase que un 33% das ganancias do xogador eran para axencia, mais posteriormente o contrato foi invalidado.<ref name="ref3">{{cita web|url=http://content.time.com/time/magazine/article/0,9171,1126765,00.html|título=The Creation of Yao Ming|obra=Times|dataacceso=7 de novembro de 2015|lingua=inglés|data=7 de novembro de 2005|autor=Larmer, Brook Larmer}}</ref> En [[2001]] tamén se especulou coa entrada de Yao no Draft. Nese ano, un par de xogadores procedentes do instituto, [[Eddy Curry]] e [[Tyson Chandler]], eran dous dos mellores situados para ser escollidos nas primeiras posicións. Se Yao se tivese presentado os seus pasos, puido ter sucedido por vez primeira na historia que ningún dos tres primeiros do Draft pasase pola [[NCAA|universidade]]. Con todo, co paso dos meses, as probabilidades de que Yao aterrase na NBA descendían.<ref name=jockbio />
 
Cando Yao decidiu presentarse no Draft de 2002, un conxunto de asesores formaron o chamado "Equipo de Yao". Este equipo consistía en Erik Zhang, o negociador de Yao; Bill Duffy, o seu axente na NBA; Lu Hao, o seu axente chinés; John Huizinga, o profesor de economía da [[Universidade de Chicago]] e o vicepresidente de mercadotecnia de BDA Sports Management, Bill Sanders. Yao era o máximo candidato para ser elixido en primeira posición. Con todo, moitos equipos da NBA estaban preocupados debido á incerteza de se a CBA permitiría a Yao xogar nos [[Estados Unidos]]. En maio de 2002, Yao realizou un adestramento para 25 equipos da NBA no Ximnasio de Alumnos de Loyola, ao norte de [[Chicago]]. A hora que durou a sesión foi dirixida polo adestrador da NBA [[P.J. Carlesimo]]. Tamén participaron Chris Christoffersen, un [[pivote (baloncesto)|pivote]] de [[Oregón]], Cordell Henry, [[Base (baloncesto)|base]] de Marquette, e Mitch Henderson, adestrador asistente da Northwestern. Ming mostrou o seu repertorio de lazamientos, o seu xogo rápido de pés e as súas capacidades para taponar, mais padeceu de falta de intensidade. Moitos equipos da NBA abandonaron Chicago con máis preguntas que respostas sobre el.<ref name=jockbio />
 
==Notas==