Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 48:
Con todo, na súa segunda campaña rompeu o pé por segunda vez na súa carreira, polo que a súa capacidade de salto diminuíu 14 [[centímetro|cm]]. En [[1999]], Yao debutou coa selección absoluta chinesa e disputou o Campionato ABC en [[Fukuoka]], [[Xapón]]. China coroouse campión con [[Wang Zhizhi]], [[Mengke Bateer]] e Yao formando un trío demoledor. A pesar diso, no Campionato do Mundo Junior da FIBA, China non destacou e foi humillada polos [[Selección de baloncesto de Estados Unidos|Estados Unidos]] no primeiro partido do torneo cun marcador de 119-59. A nivel local, os Sharks chegaron ás Finais na súa terceira tempada e tamén na seguinte (cuarta de Yao), mais perderon ambas as ante os Bayi Rockets.
 
Tras as Finais de [[2000]], Yao comezou a prepararse para os [[Xogos Olímpicos de 2000]]. A China contaba coa denominada "Gran Muralla Andante" formada por Zhizhi, Bateer e el. Ante Estados Unidos deron o callo nos primeiros momentos do partido, liderando o marcador por 13-7 e 17-16. A actuación de Yao Ming foi notábel, rexeitando un lanzamento de [[Vince Carter]] e recibindo boas críticas dos medios de comunicación e afeccionados chineses, a pesar dos seus modestos 5 puntos e 3 rebotes en 16 minutos. Tras a derrota ante os estadounidenses, China venceu a [[Selección de baloncesto de Nova Zelandia|Nova Zelandia]] por 75-60, mais un par de derrotas ante [[Selección de baloncesto de Francia|Francia]] e [[Selección de baloncesto de Lituania|Lituania]] terminou coas esperanzas chinesas de conseguir medalla. Finalizaron o torneo de maneira respectábel, vencendo a [[Selección de baloncesto de Italia|Italia]] por 85-76 e caendo ante [[Selección de baloncesto de España|España]]. Yao foi o sexto máximo reboteador dos Xogos Olímpicos e segundo en tapóns. Cando [[Wang Zhizhi]] abandonou os Bayi Rockets na tempada [[2000]]−[[2001|01]] para converterse no primeiro xogador chinés en chegar á NBA, os Sharks gañaron o seu primeiro campionato. Durante os playoffs no seu último ano en Shanghai, Yao fixo unha media de 38,9 puntos e 20,2 rebotes por partido, cun 76.,6% en tiros de campo, anotando os seus 21 tiros nun dos encontros das Finais.<ref name=jockbio />
 
=== Draft da NBA ===