Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 49:
 
Tras as Finais de [[2000]], Yao comezou a prepararse para os [[Xogos Olímpicos de 2000]]. A China contaba coa denominada "Gran Muralla Andante" formada por Zhizhi, Bateer e el. Ante Estados Unidos deron o callo nos primeiros momentos do partido, liderando o marcador por 13-7 e 17-16. A actuación de Yao Ming foi notábel, rexeitando un lanzamento de [[Vince Carter]] e recibindo boas críticas dos medios de comunicación e afeccionados chineses, a pesar dos seus modestos 5 puntos e 3 rebotes en 16 minutos. Tras a derrota ante os estadounidenses, China venceu a [[Selección de baloncesto de Nova Zelandia|Nova Zelandia]] por 75-60, mais un par de derrotas ante [[Selección de baloncesto de Francia|Francia]] e [[Selección de baloncesto de Lituania|Lituania]] terminou coas esperanzas chinesas de conseguir medalla. Finalizaron o torneo de maneira respectábel, vencendo a [[Selección de baloncesto de Italia|Italia]] por 85-76 e caendo ante [[Selección de baloncesto de España|España]]. Yao foi o sexto máximo reboteador dos Xogos Olímpicos e segundo en tapóns. Cando [[Wang Zhizhi]] abandonou os Bayi Rockets na tempada [[2000]]−[[2001|01]] para converterse no primeiro xogador chinés en chegar á NBA, os Sharks gañaron o seu primeiro campionato. Durante os playoffs no seu último ano en Shanghai, Yao fixo unha media de 38,9 puntos e 20,2 rebotes por partido, cun 76.6% en tiros de campo, anotando os seus 21 tiros nun dos encontros das Finais.<ref name=jockbio />
 
=== Draft da NBA ===
 
==Notas==