Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Yao Ming)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 41:
Nun principio, Yao estaba interesado na [[Investigación|investigación científica]], aínda que os seus pais tentaron que se interesase polo [[baloncesto]]. Yao non comezou a practicalo até os nove anos, sendo xa por entón máis alto que os nenos da súa idade. Xogou o seu primeiro partido de baloncesto tras cumprir dez anos, nunha liga organizada sen ánimo de lucro. O seu pai prometíalle agasallos por cada canastra anotada e a súa nai ofrecíalle comidas especiais, ademais tamén lle ensinaban e ofrecían consellos e análises.
 
Aos 12 anos, Yao mellorara moito no baloncesto. Os seus pais enviárono a unha academia deportiva de Shanghai, onde adestraba varias horas ao día. Alí, ao estar lonxe do seu lar, centrouse máis no xogo. O seu ídolo era [[Arvydas Sabonis]], pivote [[Lituania|lituano]] que por entón xogaba en [[Liga ACB|España]], e tentaba emularlo nos partidos. O seu progreso axudoulle a gañarse un oco no equipo local Shanghai Sharks. Nesa época, descubriu o baloncesto [[América do Norte|norteamericano]] debido á emisión dunha serie de partidos da [[NBA]] na China. Yao seguiu aos particularmente aos [[Houston Rockets]], que neses anos, liderados polo pivote [[Hakeem Olajuwon]], foron dúas veces campións ([[Tempada 1993-94 da NBA|1994]] e [[Tempada 1994-95 da NBA|1995]]).<ref name="jockbio">{{cita web|url=http://jockbio.com/Bios/Yao/YaoMing_bio.html|título=Yao Ming — Biography|obra=JockBio|lingua=inglés|dataacceso=7 de novembro de 2015}}</ref>
 
=== China ===