Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Yao Ming)
Liña 31:
}}
:''Este é un nome [[lingua chinesa|chinés]]; o [[apelido]] é'' '''Yao (姚)'''.
'''Yao Ming''' (en [[lingua chinesa|chinés]]: 姚明, [[pinyin]]: ''Yáo Míng''), nado o [[12 de setembro]] de [[1980]] en [[Shanghai]], é un ex-xogador profesional de [[baloncesto]] [[República Popular da China|chinés]]. Xogou oito temporadas na [[National Basketball Association|NBA]], todas elas nos [[Houston Rockets]]. Cunha altura de 2,29 [[metro|m]] xogaba na posición de [[pivote (baloncesto)|pivote]]. É o quinto xogador máis alto da historia da competición, só por detrás de [[Gheorghe Mureşan]], [[Manute Bol]], [[Slavko Vraneš]] e [[Shawn Bradley]].<ref>{{cita web|url=http://www.basketball-reference.com/play-index/psl_finder.cgi?request=1&sum=1&type=totals&per_minute_base=36&lg_id=NBA&is_playoffs=N&year_min=1947&year_max=2011&franch_id=&season_start=1&season_end=-1&age_min=0&age_max=99&height_min=87&height_max=99&birth_country_is=Y&birth_country=&is_active=&is_hof=&pos=&qual=&c1stat=&c1comp=gt&c1val=&c2stat=&c2comp=gt&c2val=&c3stat=&c3comp=gt&c3val=&c4stat=&c4comp=gt&c4val=&c5stat=&c5comp=gt&c6mult=1.0&c6stat=&order_by=height|título=Player Season Finder|obra=Basketball-Reference|dataacceso=7 de novembro de 2015|lingua=inglés}}</ref> Actualmente é o presidente do Shanghai Sharks, equipo da liga de baloncesto da China.
 
Yao comezou xogar para os Shanghai Sharks como [[adolescente]], xogando posteriormente para o equipo sénior da Chinese Basketball Association (CBA) durante cinco anos. Despois de negociar a súa saída cos Sharks e a CBA, presentouse ao [[Draft da NBA]], onde foi seleccionado polos [[Houston Rockets]] como número un en 2002. Co equipo [[Texas|texano]] xogou os Playoffs en catro ocasións. En xullo de 2011, anunciou a súa retirada do baloncesto profesional debido a unha serie de problemas nos pés e nos tornecelos, que xa o levaran a perderse 250 partidos nas súas últimas seis temporadas.
 
== Traxectoria ==
=== Comezos ===
Yao Ming naceu en [[Shanghai]], fillo de Fengdi Fang e Yao Zhiyuan, sendo o seu único fillo debido ás restricións do país en canto ao número de descendentes por familia. Tanto o seu pai como a súa nai gozaron de excelentes carreiras baloncestísticas na China, polo que Yao herdou deles as súas calidades e instintos necesarios para formarse como un xogador de nivel. Fang, con 1,88 [[metro|m]] de estatura, xogaba na posición de [[pivote]] e foi capitán da selección nacional feminina de [[China]], mentres que Zhiyuan (2,08 m) xogou nun equipo local de Shanghai.
 
Nun principio, Yao estaba interesado na [[Investigación|investigación científica]], aínda que os seus pais tentaron que se interesase polo [[baloncesto]]. Yao non comezou a practicalo até os nove anos, sendo xa por entón máis alto que os nenos da súa idade. Xogou o seu primeiro partido de baloncesto tras cumprir dez anos, nunha liga organizada sen ánimo de lucro. O seu pai prometíalle agasallos por cada canastra anotada e a súa nai ofrecíalle comidas especiais, ademais tamén lle ensinaban e ofrecían consellos e análises.
 
Aos 12 anos, Yao mellorara moito no baloncesto. Os seus pais enviárono a unha academia deportiva de Shanghai, onde adestraba varias horas ao día. Alí, ao estar lonxe do seu lar, centrouse máis no xogo. O seu ídolo era [[Arvydas Sabonis]], pivote [[Lituania|lituano]] que por entón xogaba en [[Liga ACB|España]], e tentaba emularlo nos partidos. O seu progreso axudoulle a gañarse un oco no equipo local Shanghai Sharks. Nesa época, descubriu o baloncesto [[América do Norte|norteamericano]] debido á emisión dunha serie de partidos da [[NBA]] na China. Yao seguiu aos particularmente aos [[Houston Rockets]], que neses anos, liderados polo pivote [[Hakeem Olajuwon]], foron dúas veces campións ([[Tempada 1993-94 da NBA|1994]] e [[Tempada 1994-95 da NBA|1995]]).
 
==Notas==