Yao Ming: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
:''Este é un nome [[lingua chinesa|chinés]]; o [[apelido]] é'' '''Yao (姚)'''.
'''Yao Ming''' (en [[lingua chinesa|chinés]]: 姚明, [[pinyin]]: ''Yáo Míng''), nado o [[12 de setembro]] de [[1980]] en [[Shanghai]], é un ex-xogador profesional de [[baloncesto]] [[República Popular da China|chinés]]. Xogou oito temporadas na [[National Basketball Association|NBA]], todas elas nos [[Houston Rockets]]. Cunha altura de 2,29 [[metro|m]] xogaba na posición de [[pivote (baloncesto)|pivote]]. É o quinto xogador máis alto da historia da competición, só por detrás de [[Gheorghe Mureşan]], [[Manute Bol]], [[Slavko Vraneš]] e [[Shawn Bradley]]. Actualmente é o presidente do Shanghai Sharks, equipo da liga de baloncesto da China.
 
Yao comezou xogar para os Shanghai Sharks como [[adolescente]], xogando posteriormente para o equipo sénior da Chinese Basketball Association (CBA) durante cinco anos. Despois de negociar a súa saída cos Sharks e a CBA, presentouse ao [[Draft da NBA]], onde foi seleccionado polos [[Houston Rockets]] como número un en 2002. Co equipo [[Texas|texano]] xogou os Playoffs en catro ocasións. En xullo de 2011, anunciou a súa retirada do baloncesto profesional debido a unha serie de problemas nos pés e nos tornecelos, que xa o levaran a perderse 250 partidos nas súas últimas seis temporadas.
 
==Notas==