Piñeira, Taboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
amplío o artigo e cambio as fotos
Liña 2:
{{Parroquia
|nome = Piñeira
|imaxe = Igrexa de Santa María de Piñeira, Taboada(vista xeral).jpgJPG
|lenda = Igrexa de Santa María de Piñeira.parroquial
|mapa =
|concello = Taboada
Liña 12:
}}
'''Santa María de Piñeira''' é unha parroquia do concello de [[Taboada]] na [[comarca de Chantada]], na [[provincia de Lugo]]. Segundo o [[IGE]] en [[2014]] contaba con 97 habitantes (46 homes e 51 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 142 habitantes.
 
== Xeografía ==
Ocupa un espazo rectangular na zona centro-sur do concello. Limita ao norte-noroeste con Gondulfe, ao leste con Taboada dos Freires, so sur-suleste con Esperante, ao sur-suroeste con Cicillón e ao oeste con Vilela.
 
Conta con 11 núcleos de poboación: a Aldea, Cima de Vila, Mosteiro, o Outeiro, Pacios, Piñeira, Quintá, San Salvador, o Seixo, Serén e a Videira.
 
A paisaxe componse principalmente de bosque autóctono e pastos (aínda que hai algunha plantación de eucalipto de importancia) e está cruzada por varios regos, como o rego de Piñeira.
 
== Historia ==
O territorio desta parroquia estivo poboado dende hai miles de anos, do que dan conta as medas atopadas no lugar da Aldea. Neste lugar atopouse tamén un castro. Da época romana dan conta algunhas moas (tamén na Aldea e nalgunhas propiedades privadas)<ref>{{Cita web|título = arutadapedra|url = http://roirigueira1.wix.com/arutadapedra#!igrexa-de-santa-mara-de-pieira/ccrp|páxina-web = arutadapedra|data-acceso = 2015-11-07}}</ref>.
 
A época medieval é a máis salientable pois a igrexa parroquial é do século XIII, de estilo románico. Esta formaría parte dun mosteiro hoxe desaparecido, pero que deu nome ao lugar en que se atopa (o Mosteiro) o que tamén explicaría a súa elevada altura (o que facilitaría a entrada das procesións litúrxicas). A nave primitiva está intacta e só alterada pola sacristía, se ben a portada e moderna, como o campanario. A cuberta descansa sobre numerosos canzorros be conservados e de labra dispar (xadrezado, xeometría, formas humanas). A ábsida, de gran tamaño, consta dun tramo recto e outro semicircular e conta con tres fiestras. No interior destaca un importante ciborio<ref>{{Cita web|título = arutadapedra|url = http://roirigueira1.wix.com/arutadapedra#!igrexa-de-santa-mara-de-pieira/ccrp|páxina-web = arutadapedra|data-acceso = 2015-11-07}}</ref>.
 
== Galería de imaxes ==
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Piñeira, Taboada}}
<gallery>
Ficheiro:Absida da igrexaIgrexa de Santa María de Piñeira, Taboada.jpg|Ábsida(vista da igrexa de Santa María de Piñeiraxeral).JPG
Igrexa de Santa María de Piñeira (vista traseira).JPG
</gallery>